- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 15 Xuño 2010 15 Xuño 2010
Nota de prensa que nos envía fran Puga Bestilleiro dendeo Concello de Camariñas e na que se nos indica o programa de deportes para nenos que se levará a cabo este verán en Camariñas.

Envío esta información por se considerades
interesante a súa
defusión. Ademais tamén vos envío unha carta que lles envíamos aos
rapaces do
Concello respecto do curso de vela promovido dende a Deputación de a
Coruña. Este
curso como aparece reflectido na carta, no caso de cubrir o nº de
usuari@s que
nos marca a Deputación implicará a entrega dun barco escola tipo Omega, o
cal
como é evidente ven moi ben aos posibles cursos futuros de vela que se
desenvolven tanto no Concello como no Club Náutico. Tamén informarvos
que o
mércores día 23 de xuño ás 12 horas no Club Náutico de Camariñas, terá
lugar o
acto de entrega da embarcación por parte do Presidente da Deputación
de A
Coruña, D. Salvador Fernández Moreda ao Alcalde de Camariñas D. Manuel
V.
Alonso de León.
Estimados pais:
Despois da reunión
mantida o
venres día 4 de xuño na Deputación de A Coruña, respecto da campaña
de vela
que vai desenvolver a Deputación por primeira vez en Camariñas e que
oferta a
posibilidade, a 40 persoas de entre 9 e 18 anos do noso
Concello
e comarca, que podan participar dos Cursos de Vela do 28 de xuño e 2 de
xullo,
conqueriuse que a taxa da actividade marcada pola Deputación pase de
ser de
25€ persoa a 15€ persoa.
É fundamental para o
desenvolvemento futuro da vela en Camariñas, conquerir ese número de
interesad@s, xa que implica conquerir unha embarcación nova para a nosa
flota
de barcos.
Para anotar aos vos@s
fill@s en
dita campaña, só tedes que vir ou chamar ao Concello (Departamento
Deportes)
para cubrir unha ficha de preinscripción ata o 22 de xuño
(incluido),
para posteriormente facer a inscrición definitiva o xoves
24
de xuño.
Para máis información
non
dubidedes en chamar ao Concello de Camariñas, de luns a venres de 9´30 a
13´30
ao 981-736000 e preguntar por Fran Puga o Técnico de Deportes.
A
Concelleira de Cultura,
Deportes e Educación
Sandra Insua Rial
LUGAR: PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CAMARIÑAS
1ª QUENDA (XULLO) Do 5 ao 15 de xullo/2ª QUENDA (XULLO) Do 19 ao 30 de xullo/ 3ª QUENDA (AGOSTO) Do 2 ao 13 de agosto/4ª QUNEDA (AGOSTO) 16 ao 27 de Agosto/5ª QUENDA (AGOSTO-SETEMBRO) 30 de Agosto ao día anterior de comezo das clases de Infantil e Primaria.
As renovacións faranse nos pavillóns (dirixíndose ao responsable, 4 días antes de rematar a quenda)
As novas inscricións da 2ª,3ª,4ª e 5ª quenda faranse no pavillón de 9´30-10 da mañá os días que hai clase 2 días antes de rematar as quendas.
TERÁN PREFERENCIA AS RENOVACIÓNS.
Datas: Os meses de Xullo, Agosto e 1ª semana de Setembro.
Lugar e prazo de inscrición: Hai de prazo ata o 26 de xuño para a 1ª quenda no Concello de Camariñas (981-736000)
HABERÁ BUS PARA @S INTERESAD@S DAS DIFERENTES PARROQUIASNad@s dende 2002 (incluido)
O número máximo que temos de prazas serán 30 (30 pola mañán e 30 pola tarde) por quenda. O horario de tarde estará destinado preferentemente para @s maiores de 18 anos e o da mañá para @s menores.
O curso divídese en cursiños de 10 días laborables de luns a venres.
Cada cursiño ten un coste de 30 € por persoa + 16 € da licenza. Os nen@s do colexio de Camariñas, IES Pedra da Águia e CEIP de Ponte do Porto que participaron na actividade de “O MAR NA ECOLA” durante o curso NON TEÑEN QUE PAGAR A LICENZA.
Prezo familiar (pai, nai irmáns): O primeiro membro da familia pagaría 30 €, o segundo 18€, o terceiro 12€ e o cuarto ou máis 6€. No caso de non ter licenza, cada participante tería que tramitar a súa licenza TIPO ESCOLA (16€)
Data de comezo: 5 de xullo
IMPRESCINDIBLE SABER NADAR
PRAIA DE AROU @S NEN@S DE 8 A 14 ANOS PODERÁN DESFRUTAR e APRENDER a manexarse enriba dunha táboa de BODY-BOARD OS VENRES do 23 de Xullo ao 20 de Agosto DE 17-19 HORAS. Para inscribirse só hai que estar presente na praia e apuntarse co Monitor que estará alí. É IMPRESCINDIBLE SABER NADAR.
PRAIA DE LINGUNDE (Camariñas) AS PERSOA MAIORES DE 8 ANOS PODERÁ DESFRUTAR e APRENDER a manexarse enriba dun KAIAK (piragua) os sábados (24 e 31 de Xullo, 7, 14 e 21 de Agosto) DE 17-19 HORAS. Para inscribirse só hai que estar presente na praia e apuntarse co Monitor que estará alí. É IMPRESCINDIBLE SABER NADAR.
AS INSCRICIÓNS FARANSE NO CONCELLO DE CAMARIÑAS DE LUNS A VENRES DE 9´30 A 13´30 NOS PRAZOS E DATAS DEFINIDAS CON ANTERIORIDADE.
TELÉFONO: 981-736000
Todas as actividades que teñan un custo para o usuari@ para poder participar nelas, gozarán de exención do pago todas aquelas persoas pertencentes a un núcleo familiar beneficiario de RISGA e @s maiores de 65 anos.
SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDEACIÓN UNIVERSITARIA
CONCELLERÍA DE CULTURA DEPORTES E EDUCACIÓN