- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 25 Mai 2010 25 Mai 2010
Nota de prensa que nos envían dende a Concellaría de Servizos Sociais do Concello de Camariñas e na que se nos explica as próximas axudas que están dispoñibles para as famialias camariñanas.
A Consellería de Traballo e Benestar convoca as axudas de prevención e apoio a familias en situacións graves para a preservación dos menores no seu medio , para o ano 2010.
Proporcionar apoio económico e profesional ás familias para lles garantir a atención adecuada aos seus fillos e favorecer a permanencia destes no seu medio, evitando os riscos de desestruturación familiar.
- Residir e estar empadroados toda unidade familiar en Galicia dende novembro do 2009
- Que os menores teñan menos de 18 anos de idade cumpridos durante o ano 2010
- Non haber recibido a axuda de integración nos 3 últimos anos de xeito consecutivo.
- Que a renda per cápita familiar neste ano non exceda dun terzo do IPREM, en computo anual.
- Que a familia poida evolucionar cara á súa plena autonomía e integración social, sendo estas axudas un apoio temporal.
- Que a unidade familiar non permita a cobertura de todas as necesidades básicas do menor.
- Ter aberto expediente, cando menos con 6 meses de antelación, nos Servizos Sociais de atención primaria ou especializada, por posible situación de risco dos menores ou con existencia desta.
- Que a unidade familiar cumpra co plan de traballo que estableza os ditos servizos.
- No caso de que se lle concedese esta axuda no 2009, haber cumprido co plan de traballo establecido polos Servizos Sociais ou especializado e que mellorase a situación de risco.
Prazo e lugar de presentación das solicitudes e da documentación
Ata o día 11 de xuño de 2010 nos servizos sociais de atención primaria do Concello. Lembrámoslles que deben pedir a cita previa persoalmente ou chamando ao telef.: 981-73 70 04
Camariñas, 13 de maio de 2010
A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde
Mª Carmen Linares Chica