5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (3 Votes)

Nota de prensa que nos envía o noso amigo e responsable de deportees do Concello de Camariñas na que se nos explica as próximas competicións galegas nas que participarán rapaces procedentes das Escolas Municipais de Deportes.

 Ánimos aos rapaces camariñáns!!

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas
 

O domingo día 11 de abril en Lugo  ás  16:30 no pavillón  que está no poligono do Ceao R/ Infanta Elena,  a deportista camariñana da Escola Municipal de Judo, Sara Carballo Sánchez, participará no campionato galego de Judo. Ese mesmo domingo nove rapaces-zas da Escola Municipal de bádminton participarán no campeonato provincial da especialidade deportiva que se disputará na Serra de Outes. Participarán en categoría individual e por equipos. A relación de xogadores-as é a seguinte:

 

  • Maikel Carril Toba en categoría infantil individual
  • David Pasantes Alborés en categoría infantil individual.
  • Sara Carril Rey en categoría infantil individual e cadete por equipos.
  • Karen Rodríguez Carril en categoría infantil individual e cadete por equipos
  • Yulia Rodríguez Martínez cadete por equipos.
  • Estela López Bouzas cadete por equipos.
  • Yolanda Canosa Pena cadete por equipos
  • Nerea López Lijó cadete por equipos e cadete individual
  • Francisco Pais Fondo cadete individual.


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.