- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 07 Abril 2010 07 Abril 2010
Aberto ata o 30 de abril o prazo para inscripcións de solicitantes para o curso Actividades de venda organizado pola Rede Xiana da Deputación da Coruña no territorio Terra de Soneira e Fisterra.
As persoas desempregadas de Camariñas que desexen inscribirse no curso de Actividades de venda que desenvolverase no concello de Dumbría poderán facelo na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas.
O proxecto Rede Xiana está promovido pola Deputación da Coruña e cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Neste programa participan un total de 90 concellos da provincia e ten como obxectivo mellorar a formación e capacitación profesional das persoas desempregadas. O programa tamén facilita ferramentas claves para a inseción como son cursos de apoio para obtención de Carnet de conducir e formación empresarial.
Máis información:
Axencia de desenvolvemento local do Concello de Camariñas.
Tfn 981 73 70 04.
Web: www.camarinas.net ou web do proxecto www.redexiana.org
Duración do curso: 629 horas
Lugar de impartición: Concello de Dumbría
Inicio previsto do curso: 1 de xuño de 2010
Bolsa para desempregados/as: 361,69€/mes (16,44€/día asistido)
Ingresos inferiores a 399,38€/mes
PRAZO INSCRICIÓN. Ata 30 de abril de 2010
REQUISITOS SOLICITANTES:
Persoas maiores de idade desempregadas e inscritas no SPE
Empadroada no concello de Camariñas ou nalgún concello de Terra de Soneira e Fisterra
Formación mínima de Ciclo medio da LOGSE ou Titulación en FP 1
DOCUMENTACION A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
- Ficha de inscrición oficial
- Copia DNI/NIE
- Copia tarxeta actualizada demanda de emprego.
- Certificado empadroamento.
- Informe Vida Laboral actualizado (no mes de solicitude)
- Declaración xurada de comunicación de cambios de situación.
- Copia da titulación doutros cursos de formación ocupacional.
- Acreditación de experiencia profesional (no seu caso)
- Copia Ciclo Grado Medio LOGSE /Titulo FP1
SITUACIÓNS ESPECIAIS:
- Permiso traballo vixente (Inmigrante non comunitario)
- Baixa consular vixente (Emigrante retornado)
- Informe Servizos Sociais (minoría etnica, problemática socio familiar, persoas dependentes a cargo)
- Certificado minusvalía
- Resolución RISGA
MAIS INFORMACIÓN: Axencia de desenvolvemento local de Camariñas
