- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 02 Marzo 2010 02 Marzo 2010
O vindeiro 11 de marzo remata o prazo para inscribirse no "II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto"
II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL “FEIRA DA PONTE DO PORTO”

Concello de Camariñas
A Concellería de Cultura do Concello de Camariñas ten o pracer de convidalos á celebración do “II Concurso de Baile Tradicional Galego Feira da Ponte do Porto” que se celebrará o domingo 14 de marzo, ás 11:00h. no concello de Camariñas, na zona do mercado tradicional da Ponte do Porto.
Xuntamos a esta carta as bases do concurso e a folla de inscrición. O prazo para anotarse será ata o 11 de marzo. Poden facelo no teléfono: 661 469 490 e no 981 737 234, tamén enviando a folla de inscrición á Biblioteca Municipal, Praza de Insuela nº31, 15123 Camariñas ou ao correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
Manuel Valeriano Alonso de León, Alcalde do Concello de Camariñas aproveita esta ocasión para enviarlle a vostede e a súa agrupación un cordial saúdo.
Asdo.: O alcalde
Manuel Valeriano Alonso de León
Bases do Concurso de Baile "Feira da Ponte do Porto"
- PRIMEIRA.- Convócase o II Concurso de Baile Tradicional “ Feira da Ponte do Porto”. O Concello de Camariñas, con fin promover a Feira Tradicional da Ponte do Porto, acordou a celebración do Concurso de Baile Tradicional Galego “Feira da Ponte do Porto”.
- SEGUNDA.- O concurso celebrarase o día 14 de marzo, ás 11:00h. no concello de Camariñas, concretamente na zona do mercado tradicional da Ponte do Porto.
- TERCEIRA.- No concurso poden participar todas aquelas escolas, colexios ou asociacións de baile tradicional galego que o desexen. Sempre que se inscriban previamente nos prazos establecidos.
- CUARTA.- Cada agrupación poderá presentar unha única danza.
- QUINTA.-Cada danza non superará os cinco minutos de duración e o número de bailaríns non poderá ser superior a dezaseis.
- SEXTA.- Pódese bailar ao ritmo dunha banda de gaitas ou dun CD que terá que facilitar cada grupo participante.
- SÉTIMA.- Non hai límite de idade.
- OITAVA.- As pezas de danza non poderán ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames de danza.
- NOVENA.- A dotación total do premio é de 530 €. Establecéndose un primeiro premio de 250 €, un segundo premio de 180 € e un terceiro premio de 100 €.
- DÉCIMA.- O prazo para anotarse será ata ás 19:00h. do 11 de marzo, poden facelo no teléfono: 661 469 490 e no 981 737 234, enviando a folla de inscrición a Biblioteca Municipal, Praza de Insuela nº 57, 15123 Camariñas ou ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..
- UNDÉCIMA.- A presidencia do xurado será asumida pola Tenente Alcalde do Concello de Camariñas ou persoa en quen delegue. A composición do xurado non se fará pública ata o día do certame, contará con persoas vinculadas ao eido da danza e dun ou máis representantes do Concello de Camariñas.
- DUODÉCIMA.- Ao xurado correspóndelle deliberar, estimar e valorar as danzas presentadas. A súa decisión será inapelable e atenderá a criterios tales como o comportamento no escenario, a calidade dos paseos e puntos tradicionais, a posición dos pés, das pernas e dos brazos, a interpretación e simpatía dos bailaríns e bailarinas no transcurso da danza, a coreografía e a uniformidade e vistosidade dos traxes rexionais galegos.
- DÉCIMO TERCEIRA.- No caso de empate o xurado procederá a unha nova votación ata conceder os premios estipulados na base novena. Pode declarar deserto algún premio ou todos eles. O xurado do certame terá a competencia de resolver calquera circunstancia non prevista nas presentes bases con total autoridade.
- DÉCIMO CUARTA.- A decisión do xurado farase pública ao finalizar o concurso e tras un breve período de deliberación que será amenizado pola Escola Municipal de Baile de Camariñas.
Cada participante recibirá unha bebida e un bocadillo ou pastel e cada agrupación un detalle como recordo do evento.
