5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (5 Votes)

 Nota de prensa remitida dende o CNC que nos conta como este sábado as 12:30 presentarase o seu equipo de regatas.

PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE REGATAS DO CLUB NÁUTICO DE CAMARIÑAS

Este sábado, 20 de febrero, as 12.30 hrs. da mañá, terá lugar a presentación do Equipo de Regatas do Club Náutico de Camariñas. O equipo está integrado por mozos e mozas do Concello de Camariñas, de diversas idades, que comparten todos eles á afección pola vela lixeira.

Está previsto que o equipo participe en diferentes categorías (Optimist, Omega, etc) en distintas regatas e concentracions, Rías Altas, Liga Costa da Morte, etc.

A práctica da vela en Camariñas, especialmente entre os mais novos, está impulsada dende a Concexalía e o Departamento de Deportes do Concello a través da Escola Municipal de Vela e Programas como Mar na Escola. O Club Náutico, ademáis de participar e colaborar nestas iniciativas, impulsa directamente o equipo de regatas, equipo que o ano pasado, no seu estreno, xa conseguiu importantes clasificacions e un brillante primer premio na Clase Omega na regata celebrada no Concello de Muxía, na embarcación patroneada por Helena Ramos Campos.

O presente ano, ten que ser o da consagración do equipo. Se dispón de máis e mellores medios, máis tempo para entrenamentos e clases teóricas e una monitora permanente que exercerá as funcións de Capitana do Equipo, Fátima Campaña.


No acto de presentación, ademáis de repartirse diversos obsequios, serviránse aos rapaces uns pinchos para que vaian collendo forzas de cara á dura campaña de regatas que se aveciña. Están invitados todos os pais e nais, socios e afeccionados a vela en xeral.

A colaboración entre o Club Náutico e o Concello, moi destacable, e as gañas, a pericia, e a ilusión dos rapaces, de seguro que farán que a colleita de éxitos medre considerablemente neste ano.        

Sorte a todos e boa singladura.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.