5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Nota de prensa que nos envían dende o Concello de Camariñas e na que se nos explica o novo concuros que terá lugar nos centros educativos de Xaviña e no Instituto Pedra da Aguia da Ponte do Porto.

CONCURSO MINIMIZACIÓN DE RESIDUOS

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas

Dentro do Programa de Minimización de Residuos do Concello de Camariñas, e como continuación do concurso “Ponte as pilas e mobilízate”, o pasado venres 5 de febreiro comezou o concurso escolar de recollida de papel e envases. No concurso, que rematará o vindeiro 28 de maio, participa alumnado da Escola Infantil de Xaviña e do Instituto de Ensinanza Secundaria Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

Coa finalidade de desenvolver o concurso, instaláronse nos centros escolares contedores azuis para papel e amarelos para envases. Estes son de uso exclusivo para o alumnado das aulas que participan na certame e serán recollidos polas empresas colaboradoras Coregal e Isolux. Co financiamento da Consellería de Medio Ambiente, e dentro do programa de minimización de residuos da Concellería de Desenvolvemento Sostible do Concello de Camariñas, esta en marcha tamén a campaña de recollida de aceite doméstico usado en seis supermercados do municipio. O ano pasado leváronse tamén a cabo o concurso-obradoiro A sombra do Lixo e diversos obradoiros veciñais, escolares e empresariais. Para informar do programa e das actividades desenvoltas publicouse un blog en internet  http://residuosma.blogspot.com/ 


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.