- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 14 Xaneiro 2010 14 Xaneiro 2010
O Concello de Camariñas está levando a cabo a creación dun directorio de empresas municipal na súa páxina web.
O
CONCELLO DE CAMARIÑAS CREARÁ UN DIRECTORIO DE EMPRESAS MUNICIPAIS PARA APOIAR E
PROMOCIONAR O TECIDO EMPRESARIAL
A Axencia de
Desenvolvemento Local (ADL) do Concello de Camariñas, está levando a cabo un
programa de recollida de información sobre empresas do concello co fin de
detectar as necesidades destas para poder mellorar o servizo de asesoramento e
apoio ás mesmas e realizar a promoción das mesmas ao través da web municipal.
Para este fin,
nestes meses unha enquisadora da empresa Abertal coa que se desenvolve este
programa de dinamización, pasará polas empresas de camariñas recollendo os
datos básicos para a realización dun directorio que estará á vista pública nun
portal de Internet propiedade do Concello ademáis de aparecer tamén nas
publicacións que o Concello realice para este fin.
