3 1 1 1 1 1 Rating 3.00 (4 Votes)

Nota de prensa que nos mandan desde a organización da Mostra de encaixe de Camariñas e na que se nos informa sobre as vindeiras xornadas de colaboración entre o Concello de Camariñas e o controvertido concello de Arenys de Munt en Cataluña sobre o encaixe.

XORNADA EN AREYNS DE MUNT “PUNTAIRES I PALILLEIRAS”

I xornada de diagnose e retos do encaixe.


En Areyns de Munt, o próximo 17 de novembro vaise celebrar “PUNTAIRES I PALILLEIRAS”
I xornada de diagnose e retos do encaixe.


Esta iniciativa surxdiu no mes de marzo de 2009 cando  unha comisión de Artesanía Catalunya da Generalitat de Catalunya  realizou unha visita programada pola Asociación Galega de Artesáns a Camariñas.Nesta visita reuníronse políticas e técnicas desta entidade, do Concello de Camariñas e da Asociación de artesáns de Galicia e avaliouse a situación do sector artesán do Encaixe de Bolillos, as estratexias e actuacións realizadas ao longo do tempo e as posibles liñas de desenvolvemento do sector.

Un dos puntos tratados foi a necesidade de coñecer e avaliar as experiencias que no desenvolvemento desta actividade artesán teñen diferentes territorios de España e outros países, ademais de potenciar o intercambio de boas prácticas e a realización dunha diagnose do sector feita dende as productoras, empresas, técnicos/as e institucións relacionados co encaixe de bolillos. A carencia de xornadas técnicas neste sector, coa excepcións das concentracións ou intercambio entre productoras, foi unha das carencias salientadas.

Froito destas reflexións xurdiu a proposta de realización dunhas xornadas técnicas relacionadas co Encaixe de Bolillos coorganizadas por Cataluña e Galicia na que se iniciaría por primeira vez un camiño de coñecemento, difusión e intercambio das diferentes experiencias de desenvolvemento desta artesanía nos diferentes territorios europeos.

Areyns de Munt vai ser o lugar onde se celebre esta xornada que promove e financia Artesanía de Catalunya da Generalitat. A participación da delegación de Camariñas, formada por 10 persoas entre representantes polítocos, técnics e palilleiras, está finaciada polo Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industría da Xunta de Galicia.

Para máis información, contactar con
Camariñas: Dolores Lema, directora da Mostra 981 73 70 04
Cataluña: David Places i Balsalobre, Coordinador d'Activitat Cultural. Artesanía Catalunya de la Generalitat de Catalunya. 93 467 46 60

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.