4.5 1 1 1 1 1 Rating 4.50 (2 Votes)

Nota de prensa que nos mandan dende a Concellalía de Servizos Sociais e na que se nos informa sobre as actividades que se organizarán este7 de novembro no complexo turístico de Aldea Madeira.

 Os Concellos Saudables en Aldea Madeira

Os Concellos de Camariñas e Muxía a través do Programa de Concellos saudables van celebrar en Aldea Madeira ,o próximo día 7 de novembro, unha actividade conxunta, “ Cociña en familia”. Nesta actividade un grupo de aproximadamente 35 familias, dos dous concellos, van a coñecer as noción básicas  sobre unha alimentación equilibrada e saudable.Ademais ,de elaborar un menú tipo entre toda a familia.

Impartirán a actividade as Nutricionistas dos dous concellos e a parte práctica levarana a cabo coa axuda de dous profesores de cociña.Dada a gran cantidade de familias interesadas celebrarase en dúas quendas , unha de mañá de 11:00 a 14:00 horas e outra de tarde de 16:00 a 19:00 horas aproximadamente.Para rematar coa degustación, entre os participantes, dos menús elaborados.

Asdo: Mª Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde.


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.