- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 25 Setembro 2009 25 Setembro 2009
Francisco Puga Bestilleiro infórmanos sobre a elección de Camariñas como sede da Copa Xunta de Galicia de balonmán feminino que se celebrará no Pavillón Polideportivo de Camariñas este domingo 27 de setembro de 2009.
R/ LUIS KSADO, 17 OF. 3
36.209 VIGO
TFN.: 986.42.01.76
FAX 986.23.93.66
Vigo, 15 de setembro de 2009.
Á atención de Francisco Puga, Técnico de Deportes do Concello de Camariñas.
Co gallo da celebración das Finais da Copa Xunta de Galicia Feminina a celebrar o vindeiro Domingo 27 de Setembro, esta Xunta Directiva quere premiar a colaboración deste Concello na promoción do balonmán, e máis, neste ano no que ten inscrito un equipo sénior feminino.
Os encontros desta final serán:
3º - 4º POSTO 11, 15 horas
Perdedor da 1ª eliminatoria - Perdedor 2ª eliminatoria
1º - 2º POSTO 13,00 horas
Vencedor da 1º eliminatoria - Vencedor 2º eliminatoria
En caso da aceptación pola vosa parte desta proposta, poñeríamos en contacto con vostedes para ultimar os detalles destas finais.
Esperando que a nosa decisión sexa do voso agrado, despídese atentamente:
Xosé Luis Pérez Ouro
Presidente da Federación Galega de Balonmán
