5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (4 Votes)

Nota de prensa que nos manda Noelia, a Dietista do Concello de Camariñas, na que nos explica unha interesantísima iniciativa na que colaboran o Concello de Camariñas e o CB Camariñas "Conservas Boya".

 

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas

O Concello de Camariñas e o Club de Balonmán “Conservas Boya” de Camariñas, dentro das actividades do Programa “Concellos Saudables” van a levar a cabo unha actividade pioneira na nosa comarca.

O longo da semana que ven, os xogadores, o equipo directivo e o equipo técnico do nomeado Club vanse someter a unhas probas, co fin de determinar cal é o estado de saúde física e alimentaria dos seus compoñentes. Para logo, a través dun estudio tomar as medidas que se consideren oportunas con respecto a unha mellora neste senso.

Ditas probas serán levadas a cabo polas técnicas de alimentación e actividade física do Concello os días 14, 15, 17 e 18 de setembro no pavillón municipal de Camariñas de 19:30 – 20:30 horas.

Ademais deste acordo, a empresa “Industrias Cerdeimar”, patrocinadora do Club, editará unha serie de receitarios de cociña saudable, baseadas nas conservas de peixe e produtos do mar, que se repartiran entre todos os participantes das actividades do proxecto.

O concello de Camariñas e Muxía levan desenvolvendo o proxecto de Concellos Saudables o longo deste 2009, favorecendo actividades de todo tipo relacionadas coa mellora da saúde. Estas actividades están abertas a calquera persoa interesada. Para máis información poden poñerse en contacto nos teléfonos dos dous concellos ou chamando o teléfono da Unidade de Concellos Saudables de Camariñas 981 73 63 93.


Mª del Carmen Linares Chica
Concelleira de Servizos Sociais, Igualdade e Saúde
Concello de Camariñas


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.