- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 23 Xullo 2009 23 Xullo 2009
Nota de prensa que nos manda a Concellal Mari Carmen Linares dende o Concello de Camariñas sobre o Proxecto "Camariñas e Muxía promoven saúde". Dito proxecto conleva a colaboración entre os concellos veciños de Camariñas e Muxía para acadar un maior benestar dos cidadáns que decidan incorporarse a esta iniciativa.

Os concellos de Camariñas e Muxía levan un tempo loitando por desenvolver un proxecto conxunto que por fin ve a luz. Este proxecto aínda que xa se esta desenvolvendo dende hai uns meses presentouse de xeito oficial o pasado venres día 20 as 12:00 da mañá na casa de Pedra de Camariñas. Foi presentado polos dous alcaldes e as concelleiras de servizos sociais e deportes.
O máis salientable deste proxecto e que abrangue tódalas vertentes dunha vida saudable ( vida sen drogas, prevención da violencia, alimentación exercicio físico, tempo de lecer , vida en familia,saúde mental,....) e vai contar coa participación e o traballo de técnicos dos distintos departamentos municipais( técnicos en educación física, técnicos dos servizos sociais,policía local, técnicos en alimentación...) e a coordinación e apoio dos centros escolares, os profesionais dos centros médicos , garda civil, protección civil......
Só 28 concello en toda Galicia foron subvencionados para levar acabo este tipo de proxectos. Divididas en 4 grandes areas de traballo.
-
Vida sen droga.
Obradoiros ( para pais ,mozos…).Sobre a prevención do consumo de drogas, habilidades sociais, educación vial.
Sinalización das zonas libres de fumes
Vixilancia das zonas libres de fumes
Control dos centros escolares e a súa contorna.a
Campañas sobre o uso de alternativas o alcohol e as drogas (Campaña do Noitebús…...) -
Dieta equilibrada en todas as idades
Plans de alimentación individualizados.
Obradoiros e charlas.
Apoio o deporte.
Asesoramento dietético en patoloxías concretas -
Promoción da actividade física
Exercicio físico para maiores (taichi)
Actividade física para adultos (ximnasia de mantemento e ioga)
Deporte na piscina ( para nenos e maiores)
Actividades nos centros escolares(O mar na escola, xoga e fai deporte..)
Xogos para nenos( judo, balonmán, body board,fútbol, patinaxe,bádminton…)
Actividades lúdicas nas vacacións escolares ( Natación, vela, kaiak, tempo de lecer, body board…) -
Promoción e apoio a colectivos especiais
Maternidade e paternidade Cursos e obradoiros sobre preparación o parto e a lactancia materna, coidado pediátricos, obradoiro cociña en familia…..
Nenos e nenas (talleres de bebidas saudables, alimentación ,saúde bucodental…..
Enferm@s mentais ( coordinación co servizo de saúde mental dos centros hospitalarios, centros educativos…..)
Familias, mulleres,…...( escolas de pais, talleres de igualdade, cursos de relaxación para mulleres, programa de educación familiar e intervención familiar…..