3.6666666666667 1 1 1 1 1 Rating 3.67 (6 Votes)

Nota de prensa que nos envía o Concello de Camariñas dende a Biblioteca Municipal e na que se explican os actos que se organizarán con motivo do 200 aniversario da Guerra de Independencia.

Nota de prensa do Concello de Camariñas

O 27 de xuño a Asociación Neria e Concello de Camariñas organizan un acto con motivo do bicentenario da Guerra da Independencia na Costa da Morte. Trátase dunha conferencia impartida pola catedrática da universidade de Oviedo Alicia Lastra. Presenta o acto Fernando Alonso Romero, profesor de filología da USC  e pecha a actuación da Coral Polifónica de Neria.

  • Hora: 12:00

  • Lugar: Casa de Pedra, Camariñas

O mesmo día ás 18:00 na Casa de Pedra, o concello celebra o fin de curso das escolas municipais de baile e música tradicional galega, ballet e gymdance.

O programa é o seguinte:

Image 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.