- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 02 Xuño 2009 02 Xuño 2009
Concello de Camariñas -Rede de Dinamización da Sociedade da Información
A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información axudará a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información. A Rede conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Camariñas, anuncia novos obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de xuño nesta localidade. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:
-
“Mecanografía”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de escribir con todos os dedos e sen mirar o teclado do ordenador. Realizarase desde o día 1 ao día 4 de xuño de luns a xoves de 10 a 12.
-
“Telefonía por Internet”: este obradoiro pretende facer que os usuarios/as sexan capaces de utilizar diferentes programas para comunicarse en tempo real empregando unha conversa telefónica. Desenvolverase do 8 ao 10 de xuño, de luns a mércores, de 10 a 12 horas.
-
“Creación dunha conta correo electrónico”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase de luns a venres, do 11 ao 18 de xuño, de 10:30 a 12 horas.
-
“Iniciación a Internet”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro será capaz de utilizar de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet. Este obradoiro realizarase de luns a xoves de 10 a 12, desde o 22 até o 25 de xuño.
Asemade, está prevista a realización da charla “Protexe os cativas/os na Internet”. Esta charla, que terá lugar o día 29 de xuño ás 10 no Centro de iniciativas empresariais, tratará, entre outras cuestións, a posibilidade de filtrar contidos na Internet e algunhas pautas sobre a educación de rapaces e rapazas na Internet.
Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Camariñas, sito no 1º andar do Centro de Iniciativas Empresariais (ao carón do centro de saúde) na rúa do Río do Prado de Camariñas, chamar ao teléfono 981 73 65 06 ou mandar un correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Contacto:Óscar Clapés
Dinamizador da Sociedade da Información
Para máis información sobre o proxecto pódese acudir ao portal web da Rede de Dinamización da Sociedade da Información www.redededinamizacion.eu
