- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Concello de Camarinas Concello de Camarinas
- Created: 26 Mai 2009 26 Mai 2009

Logo SOGAMA
O próximo martes 2 de xuño realizarase unha visita ó Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda con motivo das “III Xornadas de Portas Abertas” coas que se conmemorará a Semana do Medio Ambiente.
- Martes 2 de xuño
- Saída: 4 da tarde nas paradas de costume
- Volta: 8 da tarde dende Cerceda
- Prazas limitadas
- Apuntarse no 981737004
Ca finalidade de que podamos comprobar in situ o labor da Sociedade Galega do Medio Ambiente na xestión e tratamento dos residuos urbanos, ademais doutros cometidos que está a levar a cabo no campo da xestión ambiental, as enerxías renovables, a innovación tecnolóxica e a cooperación exterior ao desenvolvemento, poñerase un autobús, con capacidade para 50-55 persoas, a fin de que a veciñanza do noso Concello sexa trasladada a Cerceda onde, a cargo de monitores especializados, poderemos obter toda a información sobre Sogama. Así mesmo, e tendo en conta esas datas tan especiais, obsequiarannos con agasallos e algún pequeno recordo.
Camariñas, 19 de maio do 2009.
O Alcalde
Manuel Valeriano Alonso de León