Camarinas.eu visitada diariamente por un porteño que atopou en Wall Street o seu medio de vida

Trotamundos.eu: Jose Manuel Souto Bello, un broker porteño en Wall Street

A Bolsa de Nueva York, a así chamada NYSE (New York Stock Exchange), o centro da economía mundial no que cada día miles de millóns de euros cambian de mans en operacións relámpago. Na que fortunas gañadas ao longo dunha vida de duro traballo volatilízanse en segundos. Onde unha mala xogada da deusa fortuna arruina carreiras e aniquila imperios económicos. E alí, no medio da voráxine económica que domina o planeta un veciño do Concello de Camariñas, concretamente da Ponte do Porto, atopou o seu lugar de traballo como broker (corredor ou axente de bolsa). A típica historia do self-made-man, o home feito a si mesmo norteamericano: aquel que dende un primer traballo no porto de Nueva York chegou ata o centro  financieiro do mundo.  Algo que só pode suceder en Estados Unidos, o país das grandes oportunidades, onde o traballo duro sempre é recompensado. O soño americano feito realidade nun lector diario de camarinas.eu.  Coñece da man da web líder do Concello de Camariñas aos dous lados do Atlántico a historia dun porteño que por dereito propio gañouse un lugar en Wall Street, a Calle do Muro. ...
Manolo García Santos vive tranquila e plácidamente a súa xubilación no seu querido barrio do Outeiro da Ponte

Busqueda de Manuel Garcia Santos (e II)

Hai pouco máis de un mes, concretamente o día 30 de setembro, camarinas.eu facíase eco da petición da nosa usuaria arxentina María del Carmen Rodríguez Lema e iniciaba a búsqueda frenética de Manuel García Santos, un porteño que trinta anos atrás exercera de capataz nunha fábrica do gran Buenos Aires e que un día desaparecío aparentemente sen deixar rastro... Ata que se cruzou no seu camiño camarinas.eu. Inmediatamente o mesmo día da publicación da noticia apareceron usuarios da web que deron razón dun ex-camioneiro, antigo emigrante en Arxentina e Suiza e que viviría no barrio do Outeiro, na Ponte do Porto, xusto a carón da Pizzería A Xunqueira. Desprazada a unidade móbil ata o lugar atopamos en carne e oso a un Manolo García Santos que actualmente con 65 anos cumpridos disfruta da súa xubilación no seu querido barrio de toda a vida e que recorda con agarimo e cariño a Mª del Carmen e a toda a súa familia dende aqueles vellos e preciosos días bonaerenses xa idos. Facilitounos encantado o seu actual enderezo para retomar aquela grande amistade interrumpida entre dous porteños, unidos ante todo pola súa querida ponte milenaria e a vila dos seus antepasados. ...
Manuel García Santos nunha antiga fotografía da comunión da nosa usuaria Mª del Carmen Rodríguez Lema

Busqueda de Manuel Garcia Santos

Manuel García Santos. O capataz e amigo durante tantos anos nunha fábrica do gran Buenos Aires da década dos 60 e que un día hai cáseque 30 anos desapareceu para non deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas que non consiguen dar ca pista certa do vello amigo e veciño da añorada e lonxana Ponte do Porto nunha das cidades máis grandes do planeta. A alma arxentina de camarinas.eu volve a dar mostras dun amor e morriña infinitos pola súa terra nai ca historia da búsqueda a través dos anos do vello amigo desaparecido por parte da familia da nosa usuaria María del Carmen Rodríguez Lema e ca que espera que alguén poida arroxar algo de luz acerca do destino dun home que hai máis de 25 anos desapareceu de forma inexplicable. ...
Como se dunha imaxe de ensono se tratara, Damián contempla a efixie varada dun buque no deserto

Xeografia.eu: A increíble viaxe de Damián Cibrán ao Reino de Mauritania

Dende o mesmo momento que o noso querido usuario Danián Cibrán Campos puxo pe no Continente Africano, concretamente no mítico e antigo Reino de Mauritania, só tiña en mente a realización dunha reportaxe fotográfica que un día fora publicada pola web máis vista da Costa da Morte, a web do seu pobo da alma: Camariñas. Desta forma, semellando un fotógrafo profesional da célebre National Geographic Society, Damián de Modesta recorrío cámara en man toda a Península de Ras Nouadhibou, situada na parte septentrional do país e que linda ca fronteira do antigo Sáhara español, para brindarvos unha reportaxe na que chega a adentrarse na antiga cidade abandonada de La Agüera, agora devorada polas areas do deserto. ...

Delémont - Haute Ajoie 0-0

Un empate que sabe a moi ben, xa que o Delémont foi dominado todo o partido por un Haut Ajoie moi ben situado no campo e moi equilibrado.   O Delémont non foi capaz de impoñerse neste partido xa que os xogadores non estaban todos concentrado. O medio campo, Martin e Tono, non foron capaces de impoñerse como habitualmente o fan e na dianteira só Noël podía intimidar o porteiro contrincante. E na defensa Giovanni, non estaba todo o acertado que está nos outros partidos. Aínda así, o Delémont foi capaz de ter unha boa ocasión na primeira parte, na que Francisco tirou a portería pero o disparo doi algo alto. Na segunda parte, e con Maikel e Noël na dianteira, o Delémont, dispoñia de mais posibilidades de gol. As internadas de Maikel pola banda causaban moito mal o equipo contrario. Cabe destacar (como case sempre) a boisima actuación do porteiro Chema, que por decilo dunha forma; é o salvador do equipo.  O final un puntiño que sabe a moito e do cal o adestrador quedou moi contento. A directiva do equipo agradece a Pedro e Luis (dous camariñans de pura cepa e xerentes do centro español de Porrentruy ) polo agallo que foi sorteado entre...