JM Souto Bello: a Super Bowl

JM Souto Bello: a Super Bowl

O evento televisado con máis audiencia en toda a historia dos Estados Unidos de América, a edición número XLVI da Super Bowl que enfrontaba este domingo 5 de febreiro de 2012 en Indianápolis aos New York Giants contra os New England Patriots, é narrado para a audiencia de camarinas.eu por un testigo de excepción e fiel seguidor do conxunto newyorkino: o porteño José Manuel Souto Bello. Todo un clásico da cultura norteamericana, cos seus anunciantes que pagan cantidades desorbitadas por un anuncio televisivo durante o descanso do encontro, cas actuacións musicais tantas veces polémicas do entremedio (o half time show), cun himno nacional sempre interpretado de xeito emocionado e  emocionante, cun encontro titánico que enfronta a gladiadores épicos por ver quen sae gañador da edición correpondente da National Football League (NFL) e lamentablemente algunha que outra vez con altercados públicos e un escenario nocturno de coches e contenedores incenciados na cidade do equipo campeón. Non foi así desta vez nunha New York engalanada como nunca para recibir aos campeóns, os New York Giants, polo famoso e tantas veces visto (os soldados retornados vencedores da II Guerra Mundial, os astronautas pioneiros da Lúa, etc...) Canón dos Heroes. E alí atopábase nin...
JM Souto: World Trade Center

JM Souto: World Trade Center

Contan que o século XX realmente comenzou o 24 de xuño de 1914, data na que un terrorista serbio asesinaba en Saraxevo ao herdeiro do trono Austro-húngaro, o Arquiduque Francisco Fernando, e a súa esposa. Este simple feito determinaría o inicio de todas e cada unha das calamidades consecutivas que asolaron o que quedaba de sanguenta centuria. Do mesmo xeito probablemente o século XXI comenzou preto das 9 da mañá (3 da tarde aquí en España) do 11 de setembro de 2001 en pleno centro financierio de New York nun día que ninguén esquencerá mentras viva. Comenzou a esa mesma hora na que o primeiro dos avións suicidas impactaba limpamente contra unha das Torres Xemelgas levándose por diante a tantos e tantos inocentes, quebrando a seguridade en si mesma dunha nación e presentando dunha forma brutal unha nova ameaza duradeira sobre o mundo occidental: o Choque de civilizacións que pronosticara acertadamente Samuel P. Hungtinton xa estaba aquí. Agora que están a piques de cumprirse dez anos de triste aniversario da máis triste catástrofe dos nosos tempos, un corazón newyorkino, o do porteño José Manuel Souto Bello, rinde emocionada visita ao World Trade Center, volcando toda a súa dor nunha reportaxe...
JM Souto Bello: Washington DC

JM Souto Bello: Washington DC

Este pasado inverno fui un dos máis nevados que tivemos en toda a historia da Costa Este dos EE.UU. Despois de pasar un par de meses caendo neve prácticamente casi tódolos días, da gusto poder ver como o bo tempo fai cambiar o paisaxe a conta do reflorecemento das árbores, prantas e flores. Unha explosión de vida aduéñase dos bosques, parques e xardíns das antigas trece colonias onde comenzou toda a historia americana. Por este feito unha escapadiña tan pronto o tempo nos permite sempre se agradece. E a mente volve a encontrar un pouco de sana estabilidade. ...
Quince meses despois de iniciar a búsqueda de Manuel García Santos, chegou o día do feliz reencontro

Reencontro entrañable na Arxentina

Todo comenzou ca publicación en camarinas.eu un 30 de setembro de 2009 dunha anguriante petición de axuda por parte da nosa usuaria doblemente porteña (Buenos Aires & Ponte do Porto) María del Carmen Rodríguez Lema: había xa cáseque corenta anos, principios da década de 1970, que un gran amigo da familia, antigo capataz da fábrica onde traballaban os tíos e o irmán de Mari Carmen, desaparecera sin deixar rastro. Anos de intensas búsquedas infructuosas non deran resultado. Tan só 45 días despois camarinas.eu publicaba a imaxe dun radiante Manuel García Santos, xubilado e residente na casa de toda a vida no seu barrio da Ponte do Porto e disposto a recuperar a amistade truncada un malhadado día cáseque catro décadas atrás. Unha vez recobrado o fío vector entre estes dous grandes porteños tan só quedaba desprazarse un deles, ben á terra dos seus antepasados (Mary Carmen) ou ben ao país austral onde tan fortes amistades cuaxou e onde tan gran recordo deixou (Manolo). Finalmente, este foi o caso e Mari Carmen, fiel á web da súa terra nai, fainos chegar as imaxes e a historia do feliz reencontro entre dous vellos e grandes amigos. Un reencontro trinta e oito anos...
JM Souto Bello: American Way Of Life

JM Souto Bello: American Way Of Life

Hai xa máis de 25 anos, o Presidente estadounidense Ronald Reagan, un home cuia lenda non fai outra cousa que axigantarse, aplastaba con man de ferro ao movemento sindical dos controladores aéreos. Ese cuarto de século transcurrido viría a representar o adianto que con respecto a outros países levan os USA en prácticamente tódalas facetas da vida e cuio máximo expoñente estaría constituido pola cidade de New York, auténtico cume do mundo no que de agora en diante o xigante cibernético da Costa da Morte contará co seu propio corresponsal,  máis concretamente nas entrañas mesmas do seu sistema financieiro: Wall Street. O porteño José Manuel Souto Bello, broker dunha das firmas máis exclusivas da Bolsa de Nueva York, súmase á liña de colaboracións de altura que nestes últimos tempos está a completar camarinas.eu cunha nova sección, American Way Of Life, na que desgranará o día a día da nación máis poderosa do mundo. Efectivamente, hai xa máis de 25 anos os USA arranxaron e dunha vez para sempre o problema dos controladores aéreos, pero por desgracia Ronald Reagan só houbo un... ...