- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Emigración Emigración
- Created: 14 Marzo 2022 14 Marzo 2022
Na pasada madrugada a zona da reja rexistrou unha nova incidencia. Non é a primeira vez que acontece no lugar que nos últimos anos tivo varias roturas que, a pesar dos numerosos traballos levados a cabo na mesma, parecen non dar cunha solución definitiva a problemática.
Desta volta tamén se requiriu a intervención dos integrantes da protección civil de Camariñas. O grupo local tivo que desprazarse até o lugar nas primeiras horas da noite para axudar a desembarrancar un vehículo que se atopaba atrancado no focho que se producira.
Os operarios levan a traballar dende primeira hora da maña para solucionar a rotura e restaurar a circulación na zona.
Foto da rotura vía Protección civil de Camariñas no seu instagram: