1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Dende o 30 de Setembro, as vilas de Camariñas e Vimianzo están irmandadas coa localidade suíza de Delemont, capital do cantón de Jura.  A irmandade entre vilas ou cidades orixinouse nos anos sesenta e dende finais dos anos oitenta existe un apoio a nivel europeo para este tipo de relacións. Con elas pretendese achegar distintos puntos xeográficos que comparten aspectos culturais ou históricos, sendo no caso de Camariñas e Vimianzo con Delemont un importante pasado común como o punto que foi para a emigración da costa da Morte que se desprazou até esta cidade para buscar traballo e mellorar as súas condicións de vida. A día de  hoxe segue a existir unha gran cantidade de galegos nesta capital suíza elevándose o número a un total de 350 veciños e veciñas que, procedentes da costa da Morte, alí residen.

Acudiron ao acto representantes dos tres municipios. Pola parte do camariñán foron a alcaldesa Sandra Ínsua e a concelleira de servizos sociais Begoña Tajes, pola de Vimianzo a alcaldesa Mónica Rodríguez e o tenente de alcaldesa Víctor Muíño e pola de Delemont o alcalde da cidade Damiel Chappuis. Nel falaron do pasado común e da estreita relación que se creou entre as localidades na historia, así como os desexos de que o futuro continúe no mesmo camiño.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.