- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Emigración Emigración
- Created: 11 Novembro 2013 11 Novembro 2013

Aínda que agora coste creelo, houbo un tempo no que os destinos da humanidade se decidían en lugares como Toro, Medina del Campo, Villalar ou Tordesillas. Na primeira as tropas de Isabel La Católica derrotaban ás dos partidarios de Juana La Beltraneja e aseguraban o trono de Castela para a que estaba chamada a ser a española máis grande da historia; era nunha pequena casiña da Praza Maior de Medina del Campo, daquela prestixioso enclave comercial, onde falecía precisamente en 1504 Isabel I de Castela; en Villalar (468 habitantes, censo 2012), despois coñecida como de los Comuneros, en 1521 as tropas imperiais de Carlos V aplastaban ao movemento comunero, licenciaban pola vía sumaria aos indomables Padilla, Bravo e Maldonado e sepultaban para sempre as libertades de Castela, e en Tordesillas España e Portugal mediante un tratado se repartían literalmente o mundo un 7 de xuño de 1494, todo elo ca bendición do Papa, a ONU daquel entón. Dos enclaves históricos mencionados, aquel que resultaría especialmente caro para un corazón camariñán sería este último porque dentro do seu laberinto viario existe un edificio, a maiores da Casa do Tratado ou o palacio (xa desaparecido) no que Juana I de Castela estivo recluida durante 46 anos, que conecta de xeito directo ca Vila das Palilleiras: o así chamado Museo y Centro Didáctico del Encaje de Castilla y León.
Nembargantes, todo hai que decilo, estamos ante un espazo museístico sui xéneris: a diferencia do Museo do Encaixe de Camariñas trátase dun centro privado, propiedade de Don Francisco Collado e da súa Dona, e no que as axudas públicas se limitan "a aquellas veces en las que el Ayuntamiento de Tordesillas o la Diputación de Valladolid nos prestan unas salas para celebrar una exposición o mandan una furgoneta para trasladar los objetos". É por elo que Don Francisco vese obrigado a cobrar 2 euros por visitante para cas ganancias asegurar a supervivencia económica do museo, asumindo el mesmo en persoa a labor de guía ao longo do percorrido polo baixo da súa casa. Previamente débese chamar ao timbre da vivenda e polo interfono explicar o motivo da visita: "¿Venís de Camariñas? ¡Hombre, nosotros estuvimos en la Feria hace años! Ahora ya no tenemos ni tiempo ni dinero".
Comenza entón o tour polas diferentes salas e a través do mesmo un contempla un tanto soprendido a paixón que un varón como Don Francisco chegou a desenrolar polo encaixe de bolillos, convertíndose por dereito propio posiblemente nun dos maiores expertos do mundo neste ámbito: a golpe de primeira ollada é capaz Don Francisco de adivinar a orixe e tradición dun encaixe provinte de lugares tan distantes e distintos como China, Flandes, as ribeiras do Volga ou Italia, todos eles con representación propia en forma de exquisitas pezas no museo tordesillano. Aparte, desenrola o centro labores de ensinanza a través dunha pequena escola de encaixe á que tódalas semanas asisten preto dunha treintena de rapazas dispostas a perpetuar esta arte castelá. Debe sinalarse a rigurosidade e esixencia da mesma xa que ás alumnas entrégaselles un cartón enteiro no que terán que ser elas mesmas as que elaboren o debuxo. Asemesmo, non se limitan ao encaixe con fío normal senón que en ocasións acometen complicadas filigranas a base de fío de ouro e prata, cuias bobinas foron amosadas a Camarinas.eu.
Seguiron prolixas e entusiastas explicacacións dun home que fixo do encaixe de bolillos o centro da súa vida, pero a noite botábase enriba dos visitantes e aínda quedaba na folla de ruta achegarse ata a veciña Rueda e adquirir uns cantos exemplares dos seus prestixiosos e afamados brancos e tintos. Antes de marchar e nun lugar central, vislúmbranse dous carteles de edicións da Mostra do Encaixe de mediados dos 90. Incluso nun lugar tan alleo como Tordesillas, centro que foi do mundo un 7 de xuño de 1494, lugar onde se asinou un dos tratados con maior trascendencia da historia, nun museo tan erudito e especializado, Camariñas e a súa aura máxica ocupan un oco privilexiado e gozan de permanente recordo. Grandeza e diversidade dunha España fascinante.
Museo y Centro Didáctico del Encaje de Castilla y León
C/Carnicerías, 6 - 47100 Tordesillas (Valladolid)
E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


















Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.