Plan Único 2022 no Concello de Camariñas

Plan Único 2022 no Concello de Camariñas

O Plan Único é unha partida de orzamentos que recibe cada concello e cuxa cantidade final depende do número de habitantes que teñan. Deste xeito, ao Concello de Camariñas correspóndelle un total de 321.000 euros que se destinaran a diversas obras, servizos e necesidades que se concretarán no vindeiro pleno deste venres 28 de Xaneiro. Así, as propostas que se levaran a este pleno son as seguintes: reforzar e ampliar o Servizo de Axuda ao Fogar (SAF) municipal, construír dúas sendas peonís, facer fronte aos gastos correntes e reducir a débeda do Concello. Ao SAF destinaríase un total de 49.410,55 euros para o seu reforzo co cal se pretende atender a un maior número de persoas e mellorar a calidade do servizo. Este busca, en esencia, paliar de algún modo as consecuencias da pandemia da COVID-19 na materia de saúde dentro dos sectores máis vulnerables. En canto as sendas peonís a suma total destinada será de 120.062,63 euros. 71.662,79 irán a parar a construción de unha senda até a praia de Lingunde na localidade camariñá. A outra obra será en Camelle, concretamente na senda peonil de Rociñas-Carrofeito, que se pavimentará e delimitará e cuxo custo total será de 48.399,84. O...
Campaña de nadal no MerCamariñas

Campaña de nadal no MerCamariñas

Chega a campaña de Nadal e con el as compras asociadas a esta época como cada ano. Porén, desta vez as cousas son un tanto diferentes, polo menos no Concello de Camariñas. Isto débese a presenza do MerCamariñas, unha plataforma de compra online específica desta zona da costa da Morte. Nela os usuarios poden mercar nas tendas do comercio local sen saír das súas casas e recibir a compras efectuadas na mesma. Deste xeito, e co obxectivo de dinamizar a economía local, o goberno do Concello camariñán repartirá 400 euros en total entre aquelas persoas que se decidan a realizar as súas compras na plataforma MerCamariñas. Isto farase a través de un sorteo entre os usuarios de 10 vales por valor 40 euros e que se poderán gastar en calquera dos locais de hostalería do municipio. Ao mesmo tempo e para facilitar o uso da plataforma os establecementos da plataforma contarán cun código QR que colocarán nas portas das súas tendas. Así, as persoas que desexan visitar a páxina do MerCamariñas que lle corresponde so terán que escanealo e accederán a mesma. ...
O “Mercamariñas” xa está aquí

O “Mercamariñas” xa está aquí

O “Mercamariñas” é unha plataforma de venta online para os comercios locais do Concello de Camariñas. A idea de realizar este proxecto xurde a raíz do pasado confinamento e as dificultades que propicio este para o pequeno comercio local. Con el pretendese axudar a estes negocios a iniciarse na venta online que a día de hoxe acapara gran parte do mercado e até o de agora os deixaba a marxe do mesmo. ...
Chegan as primeiras axudas do PEL Reactiva

Chegan as primeiras axudas do PEL Reactiva

O PEL Reactiva é un plan de axudas económicas destinadas aos autónomos e microempresas que se viron afectados pola declaración do Estado de Alarma durante o ano 2020. Cofinanciado pola Deputación da Coruña, o seu propósito é o de axudar a estes pequenos negocios subvencionando a compra de elementos como o material desinfectante e limpeza, seguros de abastecementos, adquisición de pantallas, arrendamento de locais, maquinaria... ...
O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

Dende o Concello de Camariñas estase a estudar un convenio de colaboración con Correos para ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos das tendas adheridas ao “Mercamariñas”. ...