- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Emigración Emigración
- Created: 06 Decembro 2010 06 Decembro 2010
Hai xa máis de 25 anos, o Presidente estadounidense Ronald Reagan, un home cuia lenda non fai outra cousa que axigantarse, aplastaba con man de ferro ao movemento sindical dos controladores aéreos. Ese cuarto de século transcurrido viría a representar o adianto que con respecto a outros países levan os USA en prácticamente tódalas facetas da vida e cuio máximo expoñente estaría constituido pola cidade de New York, auténtico cume do mundo no que de agora en diante o xigante cibernético da Costa da Morte contará co seu propio corresponsal, máis concretamente nas entrañas mesmas do seu sistema financieiro: Wall Street. O porteño José Manuel Souto Bello, broker dunha das firmas máis exclusivas da Bolsa de Nueva York, súmase á liña de colaboracións de altura que nestes últimos tempos está a completar camarinas.eu cunha nova sección, American Way Of Life, na que desgranará o día a día da nación máis poderosa do mundo. Efectivamente, hai xa máis de 25 anos os USA arranxaron e dunha vez para sempre o problema dos controladores aéreos, pero por desgracia Ronald Reagan só houbo un...
Saúdos a todos os usuarios de camarinas.eu, gustaríame comenzar a colaboración ca web do meu concello publicando unhas fotos que como xa lle comentaba aos redactores recollen aqueles lugares nos que acostumo a pasar todos os dias traballando. E que, queirádelo crer ou, non ata as mesmísimas rúas de Manhattan veñen tódolos días moitísimos turistas de todos os países, incluido da nosa querida España. Cando vou pola calle e escoito falar o noso castelán, si non ando con apuro, sempre sorprendo algun españolit@ cando empezo a conversar con eles na lingoa de Cervantes, preguntándolle de onde son, contándolle de onde eu veño, e ao mesmo tempo sacándolle un par de fotiños con esas máquinas último modelo que traen casi todos. A morriña, a saudade pola terra, que nunca cesa.
Rúas de New York, do seu barrio de Manhattan, tan distintas daquelas de onde eu empecei. Falamos da cidade de Newark, Estado de New Jersey, tan glosada nas súas novelas polo grandísimo novelista norteamericano de orixe xudea, fillo predilecto de Newark, Philip Roth (Pastoral Americana, La Mancha Humana, Me Casé Con Un Comunista, La Conjura Contra América...). Trátase dunha cidade na que existe actualmente unha amplia colonia de galegos, a gran maioría provintes da zona de Ourense. Para o meu entender, Newark pode ser unha das cidades máis feas do país (quitando Detroit). Eu vivín nesas rúas os meus primeiros meses de emigrante, tan pronto puiden escaparme, nin mirei para atrás. Está a vinte minutos de Manhattan, tanto en tren, metro ou coche, o cal lle da un pouco de valoración. E inda existen os barrios marxinados e decadentes, moi pero que moi tristes e depresivos. Na última década e media empezou a florecer unha cantidade importante de emigración procedente do Brasil e de outros países sudamericanos. Tamén existe unha colonia moi grande de portugueses, os cales tomaron posesión autoritaria de unha calle moi famosa que se chama Ferry Street, na cal pódese atopar tendas de venta de fruta, peixe, carnicerías, muebles, roupa, cafés e restaurantes típicos do país. Tódalas transaccións, tanto económicas como gastronómicas, as podedes facer falando na língoa portuguesa.
Newark e o típico exemplo da renovación, da capacidade de cambio, da sociedade norteamericana: dunha poboación maiormente xudea nas décadas dos 20, 30 e 40, posteriormente asistío a un declive imparable cando, segundo contaba na novela "Pastoral Americana" Philip Roth, afroamericanos procedentes do Sur Profundo dos USA desprazaron aos xudeos e a cidade convertíose nos anos 70 nunha das máis inseguras de toda América. Volta a empezar no eterno retorno americano, os novos emigrantes antes mencionados contribuiron nestes últimos anos a devolverlle algo de vida a antigamente puxante cidade de Newark.
En fin, que si dentro do mesmo Estado de New Jersey estamos a falar eu prefiero pasear pola rúa principal de Hoboken (primeira das imaxes da galería fotográfica), lugar onde naceu e se criou Frank Sinatra, mítico Old Blue Eyes...
{phocagallery view=category|categoryid=288|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Tal vez, volva ou non, mais as ganas puxéstesmas.
Un saúdo, e parabens José.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.