- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Emigración Emigración
- Created: 25 Marzo 2010 25 Marzo 2010
A Bolsa de Nueva York, a así chamada NYSE (New York Stock Exchange), o centro da economía mundial no que cada día miles de millóns de euros cambian de mans en operacións relámpago. Na que fortunas gañadas ao longo dunha vida de duro traballo volatilízanse en segundos. Onde unha mala xogada da deusa fortuna arruina carreiras e aniquila imperios económicos. E alí, no medio da voráxine económica que domina o planeta un veciño do Concello de Camariñas, concretamente da Ponte do Porto, atopou o seu lugar de traballo como broker (corredor ou axente de bolsa). A típica historia do self-made-man, o home feito a si mesmo norteamericano: aquel que dende un primer traballo no porto de Nueva York chegou ata o centro financieiro do mundo. Algo que só pode suceder en Estados Unidos, o país das grandes oportunidades, onde o traballo duro sempre é recompensado. O soño americano feito realidade nun lector diario de camarinas.eu. Coñece da man da web líder do Concello de Camariñas aos dous lados do Atlántico a historia dun porteño que por dereito propio gañouse un lugar en Wall Street, a Calle do Muro.
Un broker porteño en Wall Street
Cando a mediados do século XVII os holandeses compraron a illa de Manhattan aos indios Delaware por 60 míseros floríns non podían imaxinar o que aquel pedazo de terra ía a significar para o devenir futuro do ser humano. Cara 1652 construiron na parte norte da pequena cidade comercial que daquela dábase en chamar Nueva Amsterdam un pequeno muro de madeira, eles decían que para defenderse das hipotéticas incursións dos indios ou da segura ambición insaciable dos británicos, pero as malas linguas proclamaban que realmente fora construido para evitar que os escravos negros fuxiran. Tampouco imaxinaban que finalmente aquel enclave mercantil na desembocadura do Río Hudson acabaría nas mans dos ingleses, os cales, raudos, procederían a cambiarlle o nome polo máis anglosaxón de Nueva York. Pero si algo nunca chegaron nin a pensar remotamente aqueles neerlandeses pioneiros era que un día un veciño de Camariñas, concretamente da Ponte do Porto, faría daquel lugar inhóspito o seu centro de traballo nunha dura pugna cotidiana cas empresas de finanzas que dominarían un mundo superpoblado e sobreexplotado. Ese porteño errante chamaríase José Manuel Souto Bello e nacería en Cereixo un 21 de xaneiro do 1959. Casado, e cunha filla de 19 anos acabaría un día recalando no Porto de New York e comenzaría unha odisea que tería a súa meta nesa mesma illa comprada un día lonxano aos indios Delaware por 60 míseros floríns holandeses e que se convertiría na capital mundial das finanzas internacionais: a Bolsa de Nueva York.
E nembargantes todo comenzou na Ponte: "Os primeiros anos vivin no campo das Barrosas. Tamen pasei un tempo na provincia de León onde traballaba o meu pai. Cando tiña catro anos aproximandamente, movémonos para o Sixto que era donde vivían os meus avós, e onde máis tarde meus pais fixeron a casa.
Recordos da infancia hai moitos, acórdome que cando voltei de León vin falando castellano (ahí fui onde empezei a falar) e todos os rapaces e algún adulto facíanme burla. Atendín á escola de párvulos no Campo do Outeiro e despois íbamos todos os do Outeiro a escola de Curros, moito antes de abrir os colexios da Ponte. Precisamente en esa escola un maestro púxome o nombre de Benjamín, o cal me quedou por moito tempo.
Logo, a miña xeneracion inaugurou os Colexios da Ponte, onde por primeira vez nos xuntamos con rapaces e rapazas de outros pobos: Camelle, Arou e todos os alrededores. Foi unha experiencia única. No último ano de escola, os da Ponte quedamos campeóns provinciales de voleibol, e non sei por que a min nombráranme capitán do equipo, vai ti a saber. O noso entrandor era Don Xesús de Camariñas, o que despois fora alcalde. Que recordos aqueles.
Como eu marchei para A Coruña unha semana antes de cumplir os 16 anos, deixei aos amigos na Ponte, que eran os rapaces que cos que ía escola e aos veciños. Non quero mencionar nombres pois non quero que se me olvide ningún, o que si sei e que varios de eles casaronse en Camariñas.
Cando eres tan xoven tes recordos que che marcan por moito tempo, alguns millores que outros. Polo xeral son recuerdos bonitos de unha época máis sencilla e frugal. Como a gran maioría da xente da Ponte son boas personas, na memoria gardo un mosaico de recordos que non se olvidan por moito tempo que pase ou por mui lexos que levemos lonxe do noso país.
Hoxe en dia aínda me manteño en contacto con Chano -casado en Camariñas-. Desde que marchei para Coruña e antes de ir para a Marina, anduvemos os dous ás mozas por eses mundos de Dios. Non foi moito tempo, pois os dous nos casamos mui pronto. Tamén me comunico con un segundo primo meu na Ponte que se chama Ricardo o de Porto. Un rapaz moi agudo e dunha personalidade fora de serie.
¿Cando chegas a New York?
Acordareime sempre, fui un domingo 10 de Maio do 1981.
¿En que traballas unha vez chegado?
¿Como chegas a traballar de broker?
¿Como é a vida dun broker?

¿En que barrio vives en NY?
¿Como é a vida na Gran Manzana?
¿Teu lugar preferido de NY?
¿Botas de menos a túa terriña? ¿Que é o que máis extrañas dela?
¿Como se ve camarinas.eu dende a Capital do Mundo?

¿Como describirías a un veciño da Ponte do Porto o modelo de vida americano?
¿Que lle dirías a todas estas persoas que en Europa, especialmente España, odian aos USA?
¿Tes pensado regresar algún día?
Comentarios
Nueva York, un soño q teño pendiente e que penso cumplir a finales de éste ano eu máis meu mozo si dios quere.
Polo que me contaron de alí, todos os costumes son diferentes, pero dixeronme que o millor de todo, e que cada un vaia a sua bola, que son xente bastante amable e sociable e eso é bo.
Gustaríame recorrer todos os barrios, e sobre todo Manhattan e Soho,jejje que ahí perderíame entre tanta tienda tan estupenda,:-)
Penso facer ese viaxe canto antes, porque non ten desperdicio e recorrer todo para ter un bo recordo para sempre, o vai ti saber si non me quedo alí,e ahora que son nova teño que aprobeitar a disfrutar da vida, un biquiño moi grande dende Camariñas.
Veume ó recordo, según ía lendo, o último dos viaxes que fixen a New York. Visitei Wall St. E percorrín todo Manhattan. Pero, amigos, foi a última vez que subín ás Torres Xemelas, precisamente a ver ó lugar onde traballaba unha sobriña miña o ano anterior o derribo. Todolos compañeros dela morreron no desastre ( mais de 200 persoas), a ela salvouna, precisamente, a súa boda. Deixou aquel traballo despois de 16 anos alí metida nó piso 92 e marchou co seu marido a vivir en N.J?Cada quen teu ó seu sino marcado na vida e ela, volveu a nacer aquel fatídico 11 de Septembro.
Bueno, José Manuel, unha aperta dende a tua terra galega.
Antonio Puertas
La vida que José Manuel nos describe de forma sencilla representa extraordinariam ente la existencia de un modelo alternativo al "desfile cultural da pasarela intelectual da Discoteca Soco que parece non ter fin" esta entrevista da buena fe de ello.
Preciosa entrevista.
Enhorabuena.
Desde Suiza te mandamos un fuerte abrazo y queremos decirte lo mucho que te queremos y lo orgullosos que estamos de ti y de tenerte a nuestro lado... aunque Delémont y New York esten a tantos kilómetros.
Besos de Alex, Claudia y Lidia
A calidade desta web e de todos os seus redactores e colaboradores así como dos seus usuarios é algo único en España e si alguén pensa que non é así e pódese facer millor, desde aquí dámoslle a oportunidade de que faga esta reportaxe á súa maneira e a ver o que sale...
José Manuel e Marcos: dous grandes.
Diego, hay que investijar que sejuro que hay un camariñan andando polos pasillos da Casa Blanca. ¿Baraco Bama Campaña?
Que todo che sija indo ben por esa ciudad tanto a ti como a tua familia.
Un bico enorme para toda a familia!
Esperemos vernos pronto!
Moitos bicos Jose Manuel, a ver se coincidimos por estas terras ou por esas :)
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.