- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Emigración Emigración
- Created: 26 Marzo 2009 26 Marzo 2009
Dende o mesmo momento que o noso querido usuario Danián Cibrán Campos puxo pe no Continente Africano, concretamente no mítico e antigo Reino de Mauritania, só tiña en mente a realización dunha reportaxe fotográfica que un día fora publicada pola web máis vista da Costa da Morte, a web do seu pobo da alma: Camariñas. Desta forma, semellando un fotógrafo profesional da célebre National Geographic Society, Damián de Modesta recorrío cámara en man toda a Península de Ras Nouadhibou, situada na parte septentrional do país e que linda ca fronteira do antigo Sáhara español, para brindarvos unha reportaxe na que chega a adentrarse na antiga cidade abandonada de La Agüera, agora devorada polas areas do deserto.
Ben é coñecido a estas alturas que o secreto do éxito de camarinas.eu é a implicación dos seus usuarios, xente anónima e altruista que de forma desinteresada se brinda a colaborar para facer entre todos a realidade xornalística que esta web é hoxe en día. Desta volta tocoulle a un antigo e aventureiro amigo das vellas épocas, Damián Cibrán Campos, máis coñecido en Camariñas como Damián de Modesta, o cal por razóns de traballo nunha planta acuícola foi destinado a un país tan exótico e descoñecido como Mauritania.
País antigo e remoto, do que xa falaban as crónicas romanas, que foi gañado para a causa musulmana ca invasión almorávide do século XI e que posteriormente a principios do século xx foi colonizado polos franceses, está situado na rexión do Sahel, en pleno deserto do Sáhara e ata 1960 non vío recoñecida a súa independencia. O lugar de destino de Damián é Nouadhibou, a segunda cidade en importancia do país, capital comercial do mesmo, de preto de 90.000 habitantes e que foi fundada co nome de Port Ètienne polos franceses a mediados do século pasado como aeroporto de tránsito cara Dakar, capital do veciño Senegal, e como porto para os buques de transporte do mineral de ferro. Precisamente, dende 1964, cando finalizou a construcción dun importante muelle e dunha impoñente liña ferroviaria a través do desolado deserto do Sáhara de máis de 674 km ata os xacimentos mineiros de Zouîrât e Fdérik, a industria máis importante da cidade é o procesado do mineral de ferro transportado por ferrocarril dende os citados xacimientos mineiros, desprazando á pesca que nembargantes sigue sendo a actividade que emplea ao maior número de persoas. Outra industria importante na zona de Nouadhibou é o da fabricación duns cayucos sempre listos para transportar a súa carga humana ata as veciñas Illas Canarias, porta de entrada a unha saciada e enriquecida Europa...
Noadihibou atópase na parte norte do país, situada na costa este dunha pequena península duns 75 km de largo, denominada Ras Nouadhibou, que finaliza no Cabo Blanco, en cuia orilla occidental malviven as ruinas da antiga cidade de La Agüera, pertencente ao Sahara Occidental. Precisamente, este abandonado enclave español constituirá o obxectivo principal da viaxe, xa que Noadihibou atópase apenas a un kilómetro da fronteira asinada na Convención de Madrid de 1912 entre España e Francia, as antigas potencias coloniais, que acordaron situar a fronteira entre a colonia francesa de Mauritania e as posesións españolas sobre una liña que dividía pola metade de norte a sur a península. Antiga posesión española, este enclave morreu pouco a pouco devorado polas areas insondables e crecentes do Sáhara na estela deixada polos funcionarios e soldados españoles que abandonaron o antiguo territorio colonial e os desdichados habitantes que en el moraban nos ecos provocados pola Marcha Verde marroquí de 1975.
O territorio mauritano do Cabo Blanco móstrase exhuberante, pleno de vida tanto vexetal como animal, poblado por cocodrilos, monos, aves de variado pelaxe, lagartos ou antílopes, refuxio protector ao que aferrarse frente a implacabilidade dun continente africano que nestos contornos só ofrece océanos de area que dictarán a súa lei milenaria durante miles e miles de kilómetros, e móstrase máxico ao atopar a semellanza de Claude Lacombe, o científico francés investigador de ovnis interpretado por Jean Francois Truffaut na célebre película de Steven Spielberg "Encuentros en la Tercera Fase", buques fantasma no medio das areas do deserto. A zona española, sen embargo, só ofrece ruinas e soledade e recorda a aquelas pasaxeiras cidades fundadas polos buscadores de diamantes alemáns na Costa dos Esqueletos, en Namibia: luxosos palacetes, amplas avenidas, esplendorosos casinos para solaz dunha nova e adinerada burguesía europea, ata o día no que todo foi invadido por unha xungla de area, o cal tal vez demostre ao final e ao cabo que todo o que o home blanco plante na febril terra africana acabará languidecendo no medio do máis devastador dos olvidos...

Comentarios
Noraboa por esas fotos tan fermosas.
Antonio
SALUDOS PARA TI E PARA OS TEUS PAIS DE PARTE MIÑA.JRASIAS.
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.