- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 24 Decembro 2008 24 Decembro 2008
Camarinas.eu deséxavos unha Feliz Navidad

Retrato de cinco homes que nalgunha medida fixeron que Camariñas teña a mellor web da Costa Atlántica
Conta a leyenda que cando nos primeiros días de decembro de 1942 comenzaron a chegar a Berlín rumores de que nunha remota cidade do Río Volga quedaran cercadas as tropas do Xeneral Von Paulus cos seus máis de 200.000 soldados, o entón Ministro de Propaganda, Joseph Goebbels, sabendo o que aquelo realmente significaba (o inicio do fin dun Reich que ía durar mil anos) fixo un chamamento a celebrar unhas navidades austeras, sobrias, aforrativas: "unhas navidades alemanas", foi o eufemismo utilizado. Salvando as distancias, que as hai, camarinas.eu dada a terrible crisis que nos azota e vendo á xente que nos mesmos puxemos aos mandos desta destartalada nación chamada España, tamén recomenda que celebredes unhas navidades non alemanas pero si austeras e sobrias. Polo que poda pasar. Pulsa na imaxe para ler a mensaxe completa e ver unha galería fotográfica.
¡¡Feliz Navidad!!
"Queridos béticos, estamos hoy aquí reunidos...", cando en camarinas.eu pensamos en felicitar as navidades a todos os nosos miles de usuarios cun mensaxe de nadal, non pensamos no do Rey nin no do Presidente da Xunta. Nada. Fuera con eles. Recordamos o célebre e surrealista mensaxe de Nadal que hai uns anos Manuel Ruiz de Lopera, Presidente, Dono, Amo e Señor do Real Betis Balompié dirixío en tal data como hoxe a toda a sufrida afición bética.
Recordamos o tono, sobrio e austero. Sobre un fondo oscuro a un lado a bandeira de España e no outro a do Betis, un Lopera encorbatado e traxeado para a ocasión, na cabeza nin un só pelo se balanceaba no cabelo engominado. O omnipresente Jesús del Gran Poder, do que é ben coñecida a devoción do Presidente bético, dominaba a estancia a través dos seus martirizados ollos que parecían dubidar si merecío realmente a pena sufrir todo aquel tormento por esta raza humana tan desagradecida e descreída e que despois como unha plaga se expandiría por toda a terra. E as palabras do prócer e mecenas sevillano brotaban con dificultade da súa boca ceceante e tan viperina cando Don Manuel quere.
Pois aquí en camarinas.eu, tendo sempre como exemplo a seguir o do noso querido e polémico Presidente bético, decidimos ofrecervos un mui destartalado mensaxe de Navidad para felicitarvos estas entrañables datas e polo menos durante uns días olvidarnos dos problemas que a todos nos aflixen (cada vez máis) e desfrutar ao lado dos nosos, deses tres ou catro que realmente nos queren de verdade. Eso si, tede en conta a nosa recomendación: desfrutade, pero con sentidiño e, na medida do posible, non tiredes a casa pola ventana. A todos os lectores de camarinas.eu:
¡¡¡Feliz Natividade do Noso Señor Xesucristo!!!






Comentarios
Tamén a todos os usuarios e usuarias (que a corrección política sempre debe ir por diante).
Pd: Non coñecía o video de Lopera...verdad eiramente unha xenialidade...j ajaja...destern illante!
Faltnlle algo a esas fotos e ejeje!!
saludiños e Feliz navidad!
Bikiñosssssssssssssssssssssssssss
O ARNELA....Noso Pesebre.
OS ANXELIÑOS....As cosiñeiras.
JUANILLO...A estrela (fugáz)
OS PASTORSILLOS-AD ORADORES...Os usuarios
A MULA E O BOI...Nosas paridas....
O BELEN...CAMARIÑAS
FELIZ NAVIDAD,...AMIGOS
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.