- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 06 Mai 2008 06 Mai 2008
A nosa Rosita xa é Rosa

Un día tiña que ser. Non podía ser de outra maneira, hoxe felicitaremos o último cumpreanos da corta historia de camarinas.eu e non podía ser de outra maneira porque a miña querida Rosita de Dulia, miña prima e sobre todo miña amiga, cumpre anos hoxe aínda que non me acordo mui ben os que cumple (non te queixes eh! rosita, jeje). A pesar de todas as veces que discutimos (eu chámolle falar) e das discusións sobre América e o sistema americano nas comidas que celebrábamos na casa de Luis de Kecha, sempre terei un cariño especial para ti, un cariño que nunca se apagará.
Dicimos o último cumpreanos de camarinas.eu porque non se publicarán máis noticias nesta web ata que os insultos inxustos e desproporcionados dalgúns usuarios rexistrados, algún xa expulsado no seu momento, que creeron ser os dueños da página rematen e non continúen a facer un pequeno exercitiño en contra da redacción desta web. A redaccion avisa que de seguir asi as cousas camarinas.eu deixará de existir porque esforzarse baixo estas condicións non merece realmente a pena, de non ser así esta será posiblemente a última noticia de camarinas.eu. Unha web maldita, cunha maldición interna que algún usuario desde dentro desta web avivou profundamente metendo gasolina ata que este lume acabou por cansar a unha redacción que levaba 10 meses ininterrumpidos de traballo duro, esforzos económicos, amenazas de denuncia, etc.. para que Camariñas poidera presumir de algo realmente único: algo feito enteiramente polo pobo de Camariñas e que se converteu nun xigante... o mellor que salío deste pobo en moito tempo. Pero lamentablemente tamén salío o peor, que foi o que acabou queimando esta web. Decidimos deixar que sexades vos os que decidades se é mellor expulsar (definitivamente e para siempre) uns cuantos usuarios conflictivos ou pechar a página, tendo claro todos que baixo ningún concepto haberá no futuro máis seccións das xa existentes e que os expulsados xamáis volverán.
Todo esto é producto dunha serie de tramas moi ben artelladas que se Dios quere, algún día serán aclaradas e postas á luz, deso podedes estar segur@s. Tamén quero dicir que non busquedes culpables políticos, familiares ou de outros medios de comunicación. O cáncer estaba dentro e extendíase todolos días un pouco máis. A dirección e control desta web correspóndelle totalmente aos seus donos e fundadores: ou se dirixe á súa maneira ou baixo ningunha, esto que quede claro. Por eso, senón podemos continuar eu, Diego Alonso Freire, quero agradecervos personalmente e no nome desta redacción todo o que vos fixestedes nesta web, e cas bágoas de impotencia e rabia decímosvos posiblemente adios. Foi un pracer formar parte desta "tolería" que dous tolos prantamos e vos fixestedes medrar. Para min e para a redacción fostedes a nosa segunda familia, aquí coñecemos a muita xente e fixemos moitos amigos. Espero que eso siga sendo así polo resto das nosas vidas.

Comentarios
Como me entere do motivo do cerre, non vai haber dios quen me cale a boca, e denunciarei esto de todas as maneiras posibles .
FELIZ CUMPLEANOS ROSITA
Expulsa a quen teñas que expulsar e non peches esta maravillosa página, que non hay outra coma ela.
Por muito e ben que o fagas siempre a de a ver quen critique e quen intente andar godendo, pero o que mais lle vai a goder e que esta página siga triunfando.
A SI QUE NON PECHES E ANIMADEVOS QUE NON FISESTES NINGUNHA TOLERIA.
FELICIDADES ROSITA.
Que teñas un bo día e saludos a familia.
SIEMPRE CAMARIÑAS.EU
nn debiades de cerrar a pajina
por que abristesdes bos!
E fadebes moi bo traballo!
E aun que nn me quero meter cn nadie!
Por dios deixade q sigan ca pajina!!!
Diegoooooo seguide ca pajinaaaaa
que a mellor!!!
Markiños Pasade de todooooooooooo
SEGUIDE ASI!!!
BIKOS!
FELICIDADES ROSA QUE CUMPLAS MOITOS MAS!!
BIKOSSSSSSSSSSSSSS
o sea que en un estado de derecho,con todos los medios de la justicia y de las comunicaciones a tu mano,por motivos que no alcanzo a descubrir por estar fuera y no ser bien aclarados o denunciados por vos,nos veriamos privados de estar informados(uno de los principales derechos en estos momentos en el mundo)de lo que sucede en nuestra querida camariñas y sus alrrededores???
o sea que no se puede combatir a los que calumnian o difaman???
o sea que siempre tendremos que ver que ganen los malos????
por favor diego!!,a descubrir el problema y ponerlo en blanco y negro,que no creo que nada pueda ser tan grave como para hacerte recular ante la primera piedra en el camino.
todo en la web puede cambiar y mejorar,pero abandonar(salvo que te de una perdida economica)seria DEFRAUDAR a los que encendemos el ordenador solamente para saber que pasó en nuestra querida y lejana tierra.
a no bajar los brazos!!!!no te des por vencido ni aún vencido.
un abrazo y a recapacitar!!!! !!
En 'casa de los libros' el regalo está 'en tramitación', ya veremos .....
Besitos de enrique, lucia y emilia xoxox
Hola Diego! Saludos desde Londres, no abandones lo que estás haciendo por culpa de las malas lenguas. Tu a lo tuyo...
Sólo quero mandar moitos ánimos a Diego e todos os seus colaboradores e decirvos q sería unha pena tirar pola baranquilla tanto esforzo,tempo e tanta calidade como esta páxina demostrou ter en todo momento.Diego,t omes a decisión q tomes tes seguro o apoio de todos os usuarios(por suposto q preferiremos q decidas continuar, pero respetámosche)
Ahora q tiña enganchados os meus compañeiros de traballo a esta páxina e presumía con eles das maravillas da nosa zona, de q von fardar ahora!!(é para poñer unha pequeña nota de humor)ahora en serio, moitos Ánimos!!
Aproveito tamén para felicitar a Rosita!
Diego, non sei o que che motiva a plantexar o tema de pechar a páxina, pero por se che serve de algo, dicirche sempre te vas a atopar con quen non lle guste o que fas,eso é así, incluso hai quen pensa que maradona non era un bo xogador, o que ten que pesar sempre no corazón de quen fai as cousas, é a canta xente fai feliz coa súa labor ...evidentement e é moi fustrante que o traballo que un fai sen ánimo lucrativo sexa criticado dende o sillón da comodidade e a militancia embutida na crítica irracional.
Polo que veño observando estes días, en realidade penso que o apoio que Camariñas.eu ten é moi grande, e de verdade penso que en pouco se recoñecerá o gran traballo que dende Camariñas estades a facer, non me gustaría que se pechase esta gran páxina, que por certo, é gratuita...a quen non lle guste...que mire para outro lado, que hai moitas cousas que ver alá...no carallo 29.
Por moitos motivos amo esa terra, pero un dos principais é pola xente tan amable e noble que sempre me atopei nas miñas numerosas visitas a ese rincon das maravillas, esa é a xente que atopo tamén nesta web, esa é a xente pola que tes que loitar e a razón pola que seguir adiante co traballo, que decía Nieztche que "o que non mata faiche máis forte", e é certo, as críticas aínda que sexan destructivas van existir sempre, pero os heroes resisten en pé ante os desafíos, ante as dificultades, e un Camariñán de verdade sei que non se rinde así como así, porque como decía otro un galego de Padrón "el que resiste...gana" (Camilo José Cela).
Forza Diego.
CAMARIÑAS.EU=PAXINA EXITOSA NON POR FACER COUSAS EXTRAORDINARIAS SE NON POR FACER COUSAS ORDINARIAS,EXTR AORDINARIAMENTE BEN.
siempre hay xente ke estropea as cousas ben feitas!
na miña opiniòn debriades seguir pa`diante porq a verdad e q a pagina e estupenda. e expulsar de forma definitiva a akelas personas q esten faltando o respeto ou desvalorizando esta pagina. pero non a cerredes!!
bicos a todos!
bkoss guapaa
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.