- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 22 Febreiro 2008 22 Febreiro 2008
Outro récord de camarinas.eu: 1.234 visitas

Seguimos a batir todos os récord con números impresionantes para unha web da Costa da Morte
Camarinas.eu remata unha semana máxica (tan só tinguida de luto pola traxedia vivida en Camelle) cun novo récord de entradas rexistradas a través do mellor medidor de visitas Google Analitycs: das 1221 entradas do anterior récord agora pasamos a 1234. Desta forma a nosa audiencia premia a iniciativa desta web de involucrar na redacción das noticias a usuarios claves da mesma para que desta forma o pobo de Camariñas redacte por si mesmo as noticias da web líder da Costa da Morte.
Así, neste venres 22 de febreiro unha importante web vinculada ao mundo do nacionalismo (blogaliza.com) enlazou directamente co Vol. II das "Historias do Mar" de Juan camariñán, recoñecendo desta forma o talento indiscutible da nova sensación literaria da prosa escrita en galego. A semana que ven terá lugar a estrea mediática da sección de Mikel, cun formato e nome aínda secretos que sen dúbidas causarán impacto nun pobo no que a compra de ordenadores multiplicouse dende o momento en que as andanzas cibernéticas desta destartalada redacción acompañada dun puñado de enfebrecidos fieles demostrou ata onde podía chegar o pobo de Camariñas, cando se dedicaba a mosar o seu talento e o seu arte ao resto do mundo. E é que sin dúbidas estamos ante unha experiencia pioneira de interconectividade entre unha redacción e os seus usuarios, onde todos participan na elaboración da páxina dalgunha maneira: uns fanos chegar fotos históricas, outros avisan de cando se produce un suceso, e os máis talentosos vense recoñecidos cunha sección propia, e todos sempre dando ideas para mellorar unha web que lles pertence por dereito propio.
Agora ben, tal e como demostra a imaxe de abaixo o máximo de ancho de banda mensual para camarinas.eu (50 Gb) está case sobrepasado, chegando a día de hoxe aos 47 Gb. Polo tanto non vos estranedes se un día destes vos sentades tranquilamente ante o ordenador para desfrutar da mellor páxina web xamáis feita por estes pagos (e máis alá) e vedes que todo estalou polos aires e non aparece na pantalla camarinas.eu se non unha mensaxe de error. Así de simple. Así de tráxico.
De todos modos, gracias pola vosa fidelidade.

O color vermello, alerta sobre un inminente desastre para camarinas.eu
Comentarios
Eu non entendo moito da informática, pero supoño que esto terá algunha solución ¿Ou non?, vainos decindo cal é?, e arranxémolo tema antes de que ocurra, e non nos deixes caer a páxina, que cada vez hai mais xente.
Si é un tema económico estou seguro de que todos participaremos.
Un saudo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.