- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 16 Agosto 2013 16 Agosto 2013
Este festivo xoves 15 de agosto de 2013 Camarinas.eu cumpría seis anos. E a pesares da data festiva, con toda Galicia tirada en bloque ás praias, nesta redacción era un día de traballo incesante, de moitos nervos pero tamén moita ilusión: era o momento elexido para dar vida á nova versión cibernética do líder intratable da información da Costa da Morte. E fíxose como sempre se soeron facer as cousas por estes lares: por sorpresa e sen avisar, cunha pizca de nocturnidade e tamén algo de alevosía, collendo a moitos, máis ben a todos, desprevenidos. Detrás de este acto impulsivo e modernizador había un duro traballo: unhas labores de migración cara a nova versión do xestor de contidos Joomla! que comenzaban hai tres meses e que permitiron pasar da anterior versión 1.5 a moito máis rexuvenecida e actual do 2.5, cambiando de xeito total o sistema a través dunha migración que supuxo un gran esforzo para poder conservar todas as noticias, usuarios, comentarios, libro de visitas, galería fotográfica (provisionalmente aínda non operativa), así como o paso de todo o arquivo fotográfico de camarinas.eu de preto 9 GB. Seis anos da vida de todo un concello, contados ao día e fotografiados ao momento, no que constitúe o gran arquivo da Camariñas dos nosos días: a hemeroteca da que haberá que tirar no futuro para entender como vivían as xentes dun pequeno concello illado do fin do mundo a comenzos do século XXI.
Tamén foi grande o traballo para deixar as direccións das noticias (URL´s) como estaban na versión antiga. Optimizouse totalmente a base de datos na que se depuraron moitos códigos. A web carga agora un 110% máis rápido, pero aínda quedan moitas cousas que pulir e que proximamente serán solucionadas. Pero máis que os detalles técnicos, o que supoñe este cambio é o compromiso firme, inamovible, dos seus redactores de seguir constituindo nos duros días que están por vir o medio de comunicación de referencia de Camariñas e da Costa da Morte, independente, apolítico, un pouco gamberro e bastante guasón: a web que sirve de vehículo de comunicación e información para todos os camariñáns que andan espallados polo mundo, a que conta con máis de 1.500 seguidores no facebook e 500 no twitter (seguidores da web, non das contas dos seus redactores, sen entende). Camarinas.eu nacía un 15 de agosto de 2007 cunha vontade firme de permanencia no tempo, para non deixar todo o torrente informativo nas mans das manipulacións e mentiras interesadas de políticos e xornalistas profesionais al dente, para dar por unha vez a voz a xente da rúa, ao pobo humilde e traballador e cargar en verdade a man en noticias nas que aparentemente non se saca ningún rédito económico ou político. As noticias sobre as cousas da xente, da xente de Camariñas.
A independencia anteriormente descrita conleva que o empresariado camariñán (¿un oximorón?) non meta aquí un peso e que deban ser os redactores da web os que sosteñan enteiramente co seu escaso patrimonio o mantemento da mesma e así por exemplo foron estos, básicamente do seu Director Diego Alonso Freire, os que deberon acometer a labor de modernización da páxina a base dun duro e fatigoso traballo de meses que non costou un peso ás depauperadas e famélicas arcas de Camarinas.eu. O resultado: un formato renovado e rexuvenecido, que recolle o máis vangardista e evolucionado que ofrece hoxe o mercado cibernético e que permite que o noso concello siga a ter dende un punta de vista técnico unha das mellores webs de Galicia. Con todo, aínda queda moito que mellorar e os días vindeiros serán dun traballo intensivo para poñer a punto definitivamente esta nova andanza (e xa van tres) de Camarinas.eu. Calqueira sección, espazo ou categoría que poñades de menos ou calqueira outra indicación que consideredes que debe mellorar, facédenola chegar para que entre todos demos o toque final á web de tódolos camariñáns. A que vos pertence por dereito: porque se nos somos os cronistas vos sodes os protagonistas que a enchedes de contido día tras día. E así no sexto aniversario, nun día festivo no que toda unha rexión andaba espallada polas veraniegas praias, foi como chegou o salto cara ao futuro de Camarinas.eu. Esperemos que vos guste.
Comentarios
Cada dia da mais pracer entrar en esta (nosa) paxina.
Sempre tratando de superarse e millorar, para o deleite de todos os famentos das noticias da nosa vila e alrededores.
Os meus mais humildes parabéns a todos os voluntarios, colaboradores e, por suposto os autenticos: Diego & Marcos (aka Zhukov) de esta cousa tan especial.
Saudos desde Manhattan!!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.