- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 31 Decembro 2007 31 Decembro 2007
Editorial fin de ano de camarinas.eu
Remata hoxe 31 de decembro o primeiro ano de vida de camarinas.eu, a páxina web que en tan só catro meses convertíose no líder intratable da información cibernética na Costa da Morte, e que por elo fixo que o Concello de Camariñas se convertise nun referente informativo. Para despedir este primeiro ano, para nós histórico, publicamos este editorial de despedida do 2007, no que esbozamos algunhas das principais liñas de actuación da nosa web para o 2008. Para ler o editorial completo pulsa no mapamundi oficial de camarinas.eu.
Hoxe 31 de decembro remata un ano no que sucederon certas cousas que farán que de cara ao futuro nada sexa igual en Camariñas. É e que en este ano 2007 tivo lugar a irrupción no panorama mediático da que a día de hoxe é sen lugar a dúbidas a páxina web máis visitada da Costa da Morte e, posiblemente, a páxina mellor feita por non profesionais da información nin da informática de toda a provincia da Coruña.
O destino (ou non, como decíamos no editorial de aniversario dos tres primeiros meses de existencia) fixo que o pobo no que xurdira a citada web fora Camariñas, un pobo a desmán de todo, fóra dos centros económicos e políticos de Galicia, e no que este ano sucederon unha boa cantidade de noticias de primeira magnitude. E o destino fixo que nós tiveramos que cubrilas cun estilo propio, marca da casa, irónico e gamberro en ocasións, serio e melancólico noutras. Tamén o número de xaleos, berenxenales e charcos nos que se metío esta páxina foron abundantes, tal vez reflexando o carácter un pouco combativo de moitos dos seus usuarios. En calquer caso, a tódalas persoas ou institucións que sufriron o estacazo impasible de camarinas.eu nestas datas navideñas pedímoslles perdón e prometemos que para o ano novo faremos esforzos de enmenda.
Pero neste estilo propio, basado na calidade superior das reportaxes fotográficas e nuns textos dun nivel bastante aseado (dúas cousas por desgracia bastantes difíciles de atopar en páxinas amateurs), así como no bo gusto e a búsqueda da excelencia profesional como principios vectores da nosa actuación, está a base do éxito de camarinas.eu. Así, nestes catro meses e medio de andanza, cun número de entradas diario superior aos 1.000, e con xa máis de 203.000 visitas acadadas, prácticamente dende tódolos lugares do mundo seguíronnos nalgunha ocasión, expandindo polo tanto o nome de Camariñas polo planeta. Como será de adictivo camarinas.eu que o noso Héctor do faro, cando por asuntos de traballo tivo que viaxar a Bangladesh, os redactores polos resúmenes das analíticas de Google víamos como tódolos días se enganchaba varias veces a nosa páxina (ocupando posiblemente a única línea ADSL existente no país, e deixando polo tanto ao presidente, dictador ou o quen sexa que mande alí sin internet), ata que un día un tifón tirou ao mar con todo. E aquí está outro dos grandes grupos de usuarios de camarinas.eu: a nosa emigración. Así o reflexan o número de entradas diarias procedentes de Suiza, Inglaterra, Bélxica, Holanda ou Canarias. Pero tamén nos seguiron dende cincuenta e catro países, dende lugares tan lonxanos como Moldavia, Mauritania, Polonia, Grecia, Finlandia, Arabia Saudí, Irán ou Australia, por citar tan só uns poucos.
¿E O futuro? A día de hoxe o futuro de camarinas.eu non o saben nin os seus redactores. Nós chegaremos ata onde poidamos, pero a nula axuda prestada polo empresariado local ata o de agora fai que negras nubes se ciñan sobre o horizonte de camarinas.eu. Bastaría unha semi-profesionalización da páxina para lograr un nivel bastante superior ao logrado ata o momento. Con máis tempo, máis medios e máis xente, o nivel de calidade de camarinas.eu elevaríase exponencialmente. Así, por exemplo, tal e como se queixaba con toda razón un usuario esta mañán, camarinas.eu non puido cubrir a manifestación de Camelle contra o Plan Acuícola da Xunta, porque o noso director cubría esa mesma mañán dous bautizos, que sí dan de comer, non como a páxina que ata quita a comida da boca (bueno, tampouco axudou moito que despois da cea, as oito da mañán do domingo, se puidese ver a algún dos redactores a tombos por ahí).
Pero en todo caso, o que sí está facendo esta redacción é dar os primeiros pasos para a constitución dunha "Asociación de usuarios e amigos de camarinas.eu", que sería a encargada de organizar eventos e encontros entre usuarios como o do pasado sábado, tendo xa en mente a uns cuantos camariñáns de primeiro nivel para facerse cargo da directiva da mesma.
Tamén un dos obxectivos a medio prazo desta redacción, e sempre que se atopase a financiación adecuada, sería o de dar o salto informativo a toda a Costa da Morte, convertíndonos no medio de comunicación de referencia desta franxa atlántica, defendendo implacablemente os seus intereses vitais e convertindo por elo a Camariñas no centro mediático fundamental da zona. A base xa está creada, os mimbres son de calidade e sería unha pena para o noso pobo que se perdese esta oportunidade.
Pero bueno, o acadado entre todos (sen a axuda dos seus usuarios camarinas.eu non sería nada, non debe olvidarse que a interactividade entre redacción e lectores é a base do éxito da nosa web) nestes catro meses de 2007 pasará á historia do Concello de Camariñas. Ningún pobo ten a día de hoxe o que sí temos en Camariñas. Humildemente: 2007 foi o ano de camarinas.eu e os seus usuarios.

Comentarios
Seguide así.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.