1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Onte, martes 27 de Abril, estreouse a terceira entrega do “Eu Son Camariñas” o programa municipal do Concello de Camariñas que pretende dar visibilidade aos veciños senlleiros das súas localidades.

Este programa ten un carácter mensual que se pode seguir a través do dominio www.eusoncamarinas.es onde se atopan os vídeos publicados así como unha pequena biografía de cada entrevistado. O propósito que persegue este proxecto é o de ser un escaparate para todos aqueles veciños que destacan no seu campo de estudo e traballo mostrando ao mundo o talento que xorde desta terra costeira.

Neste episodio a protagonista é Luna Suárez Marcote, arquitecta que exerce a profesión na cidade da Coruña. O programa céntrase no estudio que a veciña de Camelle realizou para o seu TFG sobre a figura de Manfred Gnädinger mostrándonos as distintas facetas que tiña o artista alemán, dende a escultura e a pintura até a fotografía e o debuxo así como, a súa filosofía de vida que se impregna en todas as súas obras.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.