- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 12 Decembro 2007 12 Decembro 2007
Onte Martes novo máximo de visitas: 1215 entradas

Gracias aos nosos novos amigos bloqueiros e a noticia sobre a bandeira de España que tanto lles encantou, camarinas.eu, ese reactor nuclear con rumbo descoñecido que ninguén sabe como parar, bateu onte Martes 11 de Decembro tódalas súas marcas e deixou para a historia das páxinas web feitas na Costada Morte outro rexistro histórico: 1215 visitas nun só día.
Esta redacción adica este novo éxito ao auténtico protagonista do mesmo: o pobo de Camariñas, pero en especial, acórdase dun dos seus usuarios máis paradigmáticos, un dos membros por dereito propio da "Guardia Pretoriana de camarinas.eu", ese xenio da informática e auténtica institución de Camariñas que é Luís "O Soco". Un cacho de terra española no país helvético. Luis chegou hoxe a Camariñas, á súa terra, desde Suiza para pasar unhas merecidas vacacións no seu pobo coa súa xente. Benvido e ánimo Luís! as túas opinións aquí son cátedra.