1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nace a Asociación Camariñas na Rede Camarinas.eu lanza a Asociación Camarinas na Rede que se encargará de promocionar o correcto uso de internet así como da creación e divulgación de cursos tanto de iniciación como avanzados para todas aquelas persoas que decidan asociarse a esta nova sociedade."Camarinas.eu, Camariñas na rede" nace hoxe en Camariñas aínda que xa ven xestándose dende hai varios meses (incluso anos) cando anunciamos nun editorial fin de ano a creación da Asociación dos Usuarios de Camarinas.eu, que ao final convertirase nunha entidade moito máis ampla en canto a obxectivos e recursos. Outra das misións desta nova entidade será a de continuar o traballo desta web ca inclusión de novos redactores e voluntarios que queiran colaborar con Camarinas.eu así como garantir a supervivencia económica da mesma.

Un punto que será importante para "Camarinas.eu, Camariñas na Rede" será tratar de lograr a consecución dunha rede Wi-Fi ao largo de toda Camariñas para que internet sexa máis accesible ca nunca para todos e cada un dos cidadáns do noso pobo e os visitantes que se acerqen a este recuncho da Costa da Morte.

Así mesmo, e como un dos puntos claves de "Camarinas.eu , Camariñas na Rede" é a de crear un gabinete de axuda e asesoramento legal para todos aqueles socios desta nova asociación que sintan a súa persoa ou os seus datos persoais mancillados en outros sitios e páxinas de internet. É por eso, que contaremos cun grupo de abogados especialistas en privacidade na internet para que estas persoas non teñan que sofrir máis estes ataques e poidan denunciar estes abusos sin ningún tipo de gastos e con total  privacidade.

Ademáis camarinas.eu quere facer un chamamento a todas as asociacións de Camariñas para que conten con este medio de comunicación líder na Costa da Morte para divulgar as súas actividades e anuncios. Por eso poñemos á disposición de todas estas asociacións do noso concello un correo electrónico (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) para que podan enviar as súas noticias que serán publicadas integramente no medio de comunicación que quere ser Camarinas.eu: o medio de todas as xentes do Concello de Camariñas. Ademáis tratarase de vincular ás asociacións que así o queiran para que se involucren no desenrolo de "Camarinas.eu, Camariñas na Rede" e así realizarase un contrato de colaboración mutua que asocie a todas as entidades que queiran colaborar no desenrolo e correcta utilización de internet no Concello de Camariñas.

Para rematar só dicir que todo aquel que queira asociarse a "Camarinas.eu: Camariñas na Rede" terá varios sitios onde poda facelo e que serán divulgados por Camarinas.eu nunha noticia que será publicada próximamente e na cal vos mostraremos tamén a lista dos socios fundadores de "Camarinas.eu, Camariñas na Rede"

Comentarios   

Xoán R. Carballo
0 # Parabéns pola boa novaXoán R. Carballo 10/06/2011 07:10
Paréceme unha moi boa nova a idea da creación desta Asociación e quero además de felecitarvos por este importante feito, mostrar a miña incondicional disposición a colobarar na medida en que a esta modesta aportación se precise.
Parabéns e saudos dende o sur. O sur tamén existe.
Xoán Ramón Carballo
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.