- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 22 Marzo 2010 22 Marzo 2010

Constitúe un honor que persoas da valía e coñecementos de Antonio M. Carmona se fixen en camarinas.eu
Un honor para camarinas.eu
En verdade aquí en camarinas.eu todos os nosos usuarios son igual de importantes e igual de valiosos son os comentarios que deixan en calqueira das noticias. Sen embargo, este venres 19 de marzo os redactores desta pequena e humilde web dun pobo perdido na remota Costa da Morte atoparon un comentario que os emocionou especialmente. En primeiro lugar pola calidade literaria e humana que translucía e despois por vir de quen viña: de Antonio Miguel Carmona, Doctor en Ciencias Económicas, Profesor de Economía, piloto, Oficial do Exército do Aire, editor, poeta, ex-xogador dos xuveniles do Real Madrid... pero máis coñecido en estos lares por ser membro da executiva do PSM-PSOE e sobre todo por participar en diferentes tertulias televisivas de ámbito nacional como 59 segundos, a incluida no programa de Ana Rosa Quintana ou, especialmente, en El Gato al Agua, o gran programa de Intereconomía, onde o podemos atopar polas noites de 22:00 a 24:00 horas defendendo arduamente os seus puntos de vista. Compañeiro e amigo do noso querido usuario Florentino Rogero Figueiras, non podía deixar pasar a ocasión de deixar o seu graniño de area na gran sección adicada á Literatura Galega en camarinas.eu. Dende logo, agora que esta pequena web amateur e familiar está a piques de chegar aos 9 millóns de visitas, non podía caber maior honor.
No es más viento quien sopla más fuerte, ni es más aire quien más se respira, sino más hondo. Como el mar que ya no tiene Castilla, como la fronda que ya casi no queda, me llena de esperanza que tantos, a veces tan pocos, mantengan viva la llama -espero que incendio-, de la literatura gallega. Espero, digo, que gracias a personas como Florentino el gallego viva con mucho más futuro que pasado, con más porvenir que presente: hay mucho que escribir.







Comentarios
Ya estamos tocando con nuestras manos los 9 millones de visitantes y eso, amigos, es cosa de todos.
Enhorabuena,pues.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.