4.0652173913043 1 1 1 1 1 Rating 4.07 (92 Votes)
Camarinas.eu procede a poñer punto e final á máis impresionante xeira de reportaxes nunca adicada ao conxunto de praias máis paradisíaco do mundo, o Areal de Reira, cun especial en honor á Pranta Nacional do Concello de Camariñas: a caramiña ou corema album, o arbusto que lle da ata o seu propio nome. Porque a través das constantes expedicións dun agosto que resultou altamente satisfactorio dende un punto de vista playero puidemos constatar como un exército de arbustos de caramiña acabou por extenderse por lugares remotos onde nunca asomara antes, adueñándose de todo Reira e esparcindo por doquier o amargo aroma da planta máis camariñana: a Praia Grande,  a Praia do Medio, as alturas da Pedrosa... Pulsa na imaxe para ver a sinxela homenaxe de camarinas.eu á Planta Nacional do Concello de Camariñas.

Pequeno e humilde ensaio sobre a Cuestión Nacional


O día en que Camariñas se constitúa en República Independiente, o Mónaco da Costa da Morte, a caramiña será sen dúbidas o emblema que aparezca no escudo de armas nacional. Foi Castelao o que en "Sempre en Galiza" citou ao primer Comisario do Pueblo para as Nacionalidades, o seu querido José Vissariónovich Stalin, para determinar as características que conforman unha  nación: un grupo humano ca mesma lingua, cultura, raza e radicado nun determinado lugar xeográfico. E contar cunha Planta Nacional propia añadimos nos. Porque aquí en camarinas.eu entendemos que cumprimos sobradamente cos anteriores puntos xa sinalados polo que foi chamado con razón "El Padre de los Pueblos":
 
Lingua propia: o camariñán, do que incluso se chegou a editar por unha páxina web un diccionario etimolóxico despois  reproducido con profusión por medios xornalísticos autonómicos. Un idioma único, a medio camiño entre o galego e o castelán, e que agora trinta anos despois da introducción nas escolas do estudio do galego normativo, xa se pode decir que sobrevivío cunha forza e saúde pletóricas á que constituía a maior amenaza para a súa supervivencia.
 
Cultura propia: unha forma de vivir distinta, caracterizada por un exilio forzado debido á lexanía dos principais centros de toma de decisión e por unhas vías de comunicación cáseque medievais ata non hai muito e que agora vive a maior explosión artística da súa historia a través dunha serie de artistas nos máis diversos eidos encargados de glosar unha cultura e forma de vida únicos: aos clásicos como Xosé Luis Blanco Campaña, estes últimos anos sumóuselle un auténtico rexurdimento da cultura nacional de Camariñas da man de xenios como Chelín na pintura, Juan Camariñán na prosa, Antonio Puertas na poesía, os distintos mestres da fotografía, o innegable traballo das páxinas web, etc...
 
Raza propia: un punto problemático e difícil de demostrar, nembargantes é inobxetivable a existencia dunha serie de características raciais comúns como son a  beleza exhuberante da clásica muller morocha camariñana, un especímen único ao que ademáis dun forte carácter e un tono de voz inusualmente alto en moitas ocasións, únese un tono de pel de carácter cobrizo e longas melenas dunha cor negra infinita. Polo que respecta aos varóns, non se debe desbotar unha posible orixe semítica ou arábiga na gran maioría deles, á vista das faces que circulan de acotío polas nosas históricas rúas.
 
Lugar propio: Un concello que posúe xoias arquitectónicas como o Faro Vilán ou Paraísos naturais como Reira é por forza un lugar distinto. Con todo, a cuestión territorial non deixa de ser a máis problemática e dada a existencia dunha forte identidade propia noutras parroquias do noso Concello, algunhas delas con pequenas e posibles pulsións independentistas, ademáis de contar con paraísos considerados como propios e rasgos étnicos diferenciados de orixe xermánica ou nórdica, propoñemos que a futura República Independente de Camariñas, o Montecarlo da Costa Atlántica, asuma como modelo de organización territorial o da federación igualitaria entre os seus compoñentes, estando radicada a sede da súa soberanía popular, o seu Parlamento democrático, no Faro Vilán. O Senado: nun futuro e reconstituido Castelo do Soberano.
 
Planta propia:  Finalmente o rasgo definitivo añadido por camarinas.eu neste pequeno amago de ensaio identitario sobre a problemática cuestión nacional no Concello de Camariñas. A Planta Nacional,  o emblema que identificaría en competicións deportivas internacionais ao novo estado surxido dunha previsible balcanización desta maltratada e ninguneada España: a caramiña, un arbusto que, afectado de cheo polo innegable e omnipresente cambio climático, debido á súa dependencia da calor (o calentamiento global), a area (desertización) e a auga salada (a inevitable salinización das augas potables), acabou por explosionar de forma definitiva esparcíndose por tódolos areais de Reira como unha daquelas bendicións do ceo que tan xenerosamente esparcío Yavhé sobre o pobo de Israel. Queridos usuarias e usuarios: a caramiña está máis forte que nunca, o que supón que estamos no mellor punto de despegue posible para iniciar a longa marcha que leve a convertirnos, a semellanza da nosa admirada Mónaco, na Las Vegas da Costa Atlántica, non hai máis que visualizar todo un boulevard de casinos inundando os nosos variopintos e turísticos Paseos Marítimos. Remenber Atlantic City...
 
P.D.: Con todo este artigo non deixa de ter o carácter dun sinxelo xogo floral, palabras vacuas, e esta redacción quere deixar constancia públicamente da súa lealdade incondicional á Nación española, patria común e indivisible de tódolos españoles, e á Comunidade Autónoma Galega que a conforma.

Comentarios   

rubiasexy
+3 # RE: A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñasrubiasexy 29/08/2009 15:34
MIMA QUE RECUERDOS ME TRAEN AS CARAMIÑAS BON BOA DE IR ABUSCALAS EBENDELAS NA PORTA DO CINE RIALTO NO DE VICENTE CARRIL BON VOA QUEN MEDERA UN VASIÑO DELAS MUAK SEFIÑA
Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñaslucia018 29/08/2009 23:57
Ai ben de tempo que nn probo eu as caramiñas polo menos 3 anos!!!
Esa foto do lajartiño estache ben si vedes a miña iguana por ai dabos o mal jajaja!
Denunciar ante o administrador
seran7989
+3 # RE: A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñasseran7989 30/08/2009 12:03
Caramiñas,canto s anos hay que non as como uuuuff",¿acordá desbos(vos inda sodes mui nobos)cando as vendian na porta do sine de baixo?,que fotos tan bonitas.O artículo a pesar de ser "sinxelo e con palabras vacuas"tamen me justa,pero a suerte que ten o cadelo co seu dono más.Jrasias por todo.
Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # RE: A Caramiña: Pranta Nacional do Concello de Camariñasmantida 30/08/2009 23:12
Pos parese que xa levamos as catro tempo sin probalas, e que invidia me dan, eu polo menos tamen levo tres anos que non von a elas, ten rason seran antes vendianas por tasa, bueno, habera que ir este ano a dar unha volta e que non nos collas porque din que non se poden coller.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.