- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Editoriais de Camarinas.eu Editoriais de Camarinas.eu
- Created: 15 Agosto 2009 15 Agosto 2009

Xa pasaron dous anos dende que camarinas.eu revolucionou o mundo do ciberespacio en Camariñas
Hoxe cumpre dous anos camarinas.eu
Dentro de moitos anos, cando xa non estemos sobre este mundo pecador e corrompido, haberá que recordar con orgullo que unha vez houbo unha web creada nunha vila de 2.500 almas e nun Concello de pouco máis de 6.000 que chegou a ser o 10º medio de comunicación de Galicia. Que en dous anos acadou 6.000.000 millóns de visitas. Que chegou á cifra récord de 2.500 usuarios. Que creada a partir de componentes gratuitos do xestor de contenidos Joomla e xestionada no seu tempo libre de forma desinteresada por un puñado de redactores chegou a marcar o antes e o despois na comunicación por internet no Concello de Camariñas e por extensión na Costa da Morte. Porque sexamos realistas: antes de camarinas.eu non había nada. Nada.
En tal data como hoxe fai exactamente dous anos todo cambiou. Si botamos a vista atrás e recordamos os nosos costumes diarios, os nosos hábitos de vida, como vivíamos en definitiva antes da aparición dun experimento innovador na súa época, rompedor na súa concepción da información, vemos que todo era mui distinto. Porque despois da irrupción silenciosa de camarinas.eu nun panorama cibernético que alá polo agosto-setembro de 2007 constituía un páramo desolado, nada foi igual. Nada.
Un tratamento privilexiado da imaxe, uns textos aos que sempre se lle pretendío dar un mimo e cuidado especial, un carácter satírico, irónico e un pouco gamberro, a participación constante dos usuarios na elaboración diaria da web, a cobertura exhaustiva dos actos sociais e festivos acaecidos no Concello, a felicitación pública das datas sinaladas nas vidas dos nosos usuarios... Estas foron algunhas das señas de identidade que se pretenderon plaxiar ata a saciedade cun éxito bastante descriptible. Porque existen outros rasgos distintivos da web líder da Costa Atlántica que sen embargo non se plaxiaron: a independencia e obxectividade, a non vinculación a partido político ou grupo de interés algún, o afastamento do mundillo da política e das súas interminables e estériles polémicas...
Sen embargo, non podemos quedar estancados e hai que ir pensando en non perder o tren do progreso. Así, tras dous anos cun mesmo formato de diseño que polo demáis mostrouse como unha das claves do éxito da páxina, para o futuro está pendente a actualización ao xestor de contidos Joomla 1.5, moito máis innovador e funcional, o que suporá un importante cambio na configuración da vosa web de referencia se ben mantendo o mesmo nivel de software libre e ca misma base de datos; a renovación da sponsorización dunha web con máis de 4.000 visitas diarias dende prácticamente todos os puntos do globo, e a constitución dunha vez por todas da Asociación de usuarios de camarinas.eu. Porque os usuarios sempre foron a alma da páxina de Camariñas e por elo neste segundo aniversario da web líder da Costa da Morte queremos ter un especial recordo para todos aqueles que fixéstedes este soño e esta pasión posible ca vosa colaboración altruista e desinteresada na confección de camarinas.eu: persoas como Gelinita e as Gelis, Sefa, Soto, Pión, Hombre Lobo, Lucía, Juanillo, Toxo, Antonio Puertas, Bufardo, Pepewells, Mikel, Javi Varela, O Soco, Luis Esteiro Ramos, Salaño, Maruja do Mantido, Pouso, Juan Salvador Gaviota, etc... Gracias a todos e haberá que ir pensando en organizar unha boa festa para celebrar os dous anos de camarinas.eu, a web que o cambiou todo.
Comentarios
Tamen os que dia a dia fan que esta pajina siga pa diante ....
Xa sabedes que conmigo podesdes contar sempre.Sempre foi a miña pajina preferida e e sempre o seguira sendo pase o que pase.
E si aber si se celebra unha boa festiñaaaa da pajina xa e ora...
Espero tamen que dure moitisimos anos e que siga sendo a mellor da costa da morte ...sin duda que o eee..
Viva Camarinas.eu
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.