O CB Camariñas Conservas Boya consolídase na primeira división

Comezamos aquí en Camarinas.eu a nosa particular aposta deportiva desta tempada 2017-18 coa publicación regular de todos os resultados deportivos acontecidos nos diferentes deportes nos que participan os equipos federados camariñáns. E facemos parada obrigatoria, como vai a ser habitual dende hoxe os luns, nos resultados balonmanísticos desta fin de semana que se cobrou con dúas victorias e dous empates. No que atinxe á primeria división nacional onde milita o Conservas Boya resaltar bo comezo de temporada que levan os camariñáns nunha categoría superior á do ano pasado aplicando un contundente 40 a 27 ao Lucero de Cangas. As rapazas...

A presentación da canteira do FC Camariñas nos medios da Costa da Morte

Os medios máis importantes da Costa da Morte fixeronse eco da gran noticia que esta semana daba en exclusiva esta web. Primeiro facíao La Voz de Galicia na súa edición de Carballo o que publicaba este martes 26 de setembro unha foto na que parte da directiva do FC Camariñas era acompañada de algunhas nais dos nenos que forman parte xa das categorías inferiores do equipo da capital municipal. Contaba na mesma reportaxe o rotativo coruñés que "pais e directivos posaron felices no campo Hermanas Patiña", e así foi, pero os que máis felices estarán este domingo serán case un...

Marcial Mouzo presentará a gala de inauguración da canteira do FC Camariñas

O carismático periodista camariñán Marcial Mouzo Vidal, director do programa líder absoluto das madrugadas da radio en Galicia "Pensando en ti" e amigo da redacción desta web será o encargado de presentar a gala de inauguración das categorías inferiores do FC Camariñas no seu 40º aniversario. Confirmábao esta tarde no programa deportivo de Radio Nordés María José Carril Martínez, unha das moitas náis e pais que se desviviron traballando xunto coa directiva do FC Camariñas para obrar a milagre de que a vila dos encaixes conte cunhas categorías de fútbol infantiles dun total de 85 nenos e nenas. Así, xa pudemos confirmar que este...

O FC Camariñas estrea categorías inferiores no seu 40º aniversario

O soño do noso querido presidente Vicente Carril nestes derradeiros anos do seu mandato e de tantos pais e nais do concello de Camariñas fíxose realidade, e faino no 40º aniversario da fundación do equipo de fútbol da capital municipal. Máis de 50 nenos e nenas de todo o Concello de Camariñas poderán desfrutar do seu deporte favorito nunhas condicións excelentes e con adestradores preparados para educar aos menores sen ter que desprazarse ata outros concellos. Este domingo 1 de outubro celebrarase a presentación das recentemente creadas categorías inferiores do FC Camariñas despois dun arduo traballo en equipo entre a...

CB Camariñas Conservas Boya 26 - 23 pavillón Ourense

Se presentaba un partido dificil en O Areal, ya que la buena defensa del Ourense siempre se le hace dificil a los de Camariñas. Aunque los locales siempre fueron por delante en el marcador, la diferencia máxima fue de 6 goles, pero los orensanos siempre estuvieron dentro del partido causando más problemas de los esperados al cuadro camariñán. Supo lidiar el técnico Juan Ramón al equipo rival no dejandose llevar por los continuos intentos desestabilizadores legales e ilegales del técnico visitante, que intentó romper de todas las maneras posibles la cohesión del equipo conservero. Prueba de todo ello fueron las 9 exclusiones...