Camarinas.eu unico testigo

Camarinas.eu ten a proba de que ninguén do público saltou á pista durante a tangana Ante as últimas declaracións do entrenador do Atlético Novais Nikolai Tsybanev nas que acusa a parte do público asistente ao partido que enfrontaba no pavillón municipal ao CB Camariñas e o Atl. Novais de saltar á cancha coa intención de agredir aos xogadores do equipo de A Guarda, camarinas.eu decide publicar as fotos que demostran que a tangana únicamente se produxo entre os xogadores e os técnicos dos dous equipos despois do brutal intento de agresión do xogador do Atlético Novais sin que ninguén do...

Debut do ruso Yuri Nesterov co C.B. Camarinas

Os árbitros suspenden incomprensiblemente o partido do C.B. Camariñas a falta de 30 segundos para o final Estábamos todos os congregados no pavillón municipal de Camariñas a desfrutar dun trepidante partido entre o Club Balonmán Camariñas e o Atlético Novais de A Guarda, cando a falta de trinta segundos para o final, cun resultado de 28 a 26 a favor do equipo local e tras unha incomprensible pérdida de balón dun xogador camariñán no medio campo, un dianteiro do Atlético Novais que encaraba en solitario a portería do Camariñas (e o cal xa viña bastante quente dunha xogada anterior), foi obxecto dunha clara...

Victor Vigo: un dos maximos goleadores da liga ASOBAL

Víctor Vigo arrasa na mellor liga do mundo Nun partido amistoso entre o Teucro contra o Oar en Camariñas Un dos máximos goleadores da liga ASOBAL de balonmán (a primeira liga do mundo) é un rapaz da nosa vila. Un auténtico exemplo de persoa e de deportista: Víctor  Vigo, o candidato total a "Top Camariñas". O camariñán está a facer a temporada da súa vida sendo o millor  xogador do seu equipo, o Teucro de Pontevedra, cuns números de vértigo: Víctor é o máximo goleador do conxunto pontevedrés. Ademáis, Víctor é o cuarto máximo goleador nacional da liga de...

O CB Camarinas: Zarandeado polos arbitros

Parece ser que está de moda asoballar a Camariñas: Aquí esta camarinas.eu camarinas.eu non permitirá que se ande de cachondeos cos equipos do Concello de Camariñas O C.B. Camariñas recibíu unha tunda este sábado, pero non do Xiria (Carballo) senón dos árbitros que se ensañaron co equipo camariñán ao deixar ao equipo de Camariñas con tres xogadores en pista (Diego "Lalá" de porteiro, Quin (fillo do Regino) e Anxo (o fillo do secretario). Ademáis, a actuación dos colexiados foi en todo momento a seguinte: Acoso e derribo ao C.B. Camariñas. O resultado final, non ten importancia, 44-31 para os de...

Un autentico derby da Costa

O F.C. Camariñas perde o partido de máxima rivalidade contra o Porteño As dúas plantillas antes do partido Chegaba o Camariñas a este partido coma favorito para levarse os tres puntos ao seu casilleiro pero o fútbol non sabe de lóxicas. E o balompé da Costa menos. O partido comezaba moi ben para o Camariñas que logrou adiantarse no marcador  despois dun tiro de Brais do Snack que recolleu un balón perdido pola defensa no borde da área pequena. Pintaban ben as cousas para os de Tono ata que o Porteño, nun gran lanzamento de falta de Ismael, marcou...