Real Betis B 0 - 1 Cartagena

A liguilla de ascenso a tan só 2 puntos O filial do equipo verdibranco foi a cuarta víctima consecutiva en caer O Cartagena de Juanillo segue imparable e nesta xornada voltou a gañar pola mínima nun feudo de primer nivel como o Estadio Manuel Ruiz de Lopera, nome do mítico e tronado presidente verdibranco. Unha gran afición ten o equipo sevillano pero nada puido facer ante a apisonadora futbolística na que se converteu o equipo comandado por un lateral esquerdo de Camariñas todo calidade e garra. Os aficcionados do club de Heliópolis só lles quedou o consuelo de berrar:...

Derrota do C.B. Camarinas ante o Xiria de Carballo

O C.B. Camariñas perde o derby da ¿Costa da Morte? O C.B. Camariñas ao ataque con Nesterov, o tanque soviético, á expectativa Xa facía tempo que camarinas.eu non era testemuña dun encontro do C.B. Camariñas e neste caso non podía deixar de asistir ao chamado derby da Costa da Morte. Eran moitos os medios alleos a esta deprimida costa os que asistiron para dar cobertura ao partido: fotógrafos, periodistas, comentaristas e ata unha televisión (non, non era a todopoderosa TV Camariñas se non outra destartalada emisora local de Carballo). O caso é que todo este tema de querer chamarlle Costa...

Cartagena 1 - Portuense 0

A Segunda División A máis cerca Terceira victoria consecutiva do Cartagena permítelle mirar cara o ascenso O Cartagena de Juan Cabrejo, Juanillo, dou un novo e importante paso para facer realidade o soño de ascender á Segunda División A cunha traballada victoria sobre o Portuense, o equipo de El Puerto de Santa María, nesta última xornada vixesimoséptima de liga que coloca ao equipo cartagenero a cinco puntos da tan desexada liguilla de ascenso. Como anécdota, sinalar que o porteiro do Portuense era o mítico porteiro africano Wilfred, antigo gardamallas do Rayo Vallecano, o cal debe de andar polos 40 anos...

Seguimento semanal ao Cartagena de Juanillo

A nova sección de Juanillo en camarinas.eu O rival abatido esta semana o Marbella, víctima do Cartagena de Juanillo camarinas.eu hónrase de presentar a todos os seus lectores a nova sección de deportes que comandará Juan Cabrejo, Juanillo, "O Mago de Corea" o cal en dous artigos semanais analizará os sábados aos rivais do Cartagena e os luns fará unha crónica do acontecido no partido do novo equipo dos amores de camarinas.eu, o Cartagena, ao que todos temos que axudar a subir para poder ver a Juanillo xogando outra vez na 2ª División A. Debido aos problemas técnicos que...

Entrevista do Diario El Faro de Murcia a Juanillo

Sen dúbidas esta está a ser a semana grande de Juanillo: marca un golazo o domingo en partido de liga, o pobo de Camariñas a través da súa web de referencia réndelle a homenaxe que merecía e agora son os nosos colegas do diario máis leído na Comunidade Autónoma de Murcia, El Faro de Murcia (que non El Farol de la Costa), os que recoñecen o talento indiscutible do, como din eles mesmos parafraseando a camarinas.eu, "El Mago de Corea", ademáis os entrevistadores fan especial fincapé na entrevista e tributo que camarinas.eu lle rendío estes días. E como traca final...