Aguilas 1 - 3 Cartagena

Juanillo volve a xogar e o Cartagena volve a gañar Cando este bravo camariñán está no terreo de xogo todo é máis facil para o Cartagena Juanillo, o mago de Corea, volve aos campos de fútbol e con el, as victorias para un Cartagena tan necesitado de puntos cos que conservar a esperanza da liguilla de ascenso a 2ª División. Dende a redacción queremos darche a noraboa Juanillo pola túa fantástica recuperación pero tamén che dicimos que aínda que non se consiga este ano o tan ansiado ascenso ten por seguro que camarinas.eu estará o próximo ano apoiándoche ao máximo...

Cartagena 1 - 1 Baza, outra oportunidade perdida

Este domingo Juanillo retorna aos campos de fútbol Este fin de semana o Cartagena de Juanillo non puido pasar do empate ante o Baza Nova pifiada e xa van non sei cantas esta temporada. Empate a un jol diante do Baza, que está luchando por salvar a catejoria e eso que no minuto 2 de partido xa janábamos por 1-0. Volvemos a pecar de injenuos e cando faltaban 10 minutos pítannos un penalty de risa e empátannos o partido. De nada nos sirve que os demais rivales directos perdan porque non o aproveitamos, si chejamos a janar...

Victor Vigo, un Top Camariñas estrela da Asobal

Da man dun Víctor Vigo estelar este fin de semana no derbi galego fronte ao Octavio Pilotes Posada o Teucro asegurouse matemáticamente a permanencia na liga ASOBAL a falta de tres xornadas para o final. O xogador camariñán foi determinante na dirección do seu equipo para lograr unha victoria que os coloca na décima posición a dous puntos do oitavo posto que ocupa agora o Torrevieja, rival na vindeira xornada. Ademais conqueriu o seu gol 100 da tempada consolidándose no top ten dos goleadores nacionais da liga por diante de figuras consagradas como Raúl Entrerríos ou Juanín García, e sendo ademais...

Cartagena 1 - 2 Melilla

Final de partido dramático A lesión de Juanillo, letal para as aspiracións do Cartagena Xornada para olvidar e que tristemente fainos desir adios ás opsións de promosión salvo que ocurra un milajro, e eso que os resultados axudáronnos,o cuarto clasificado perdio e témolo a 6 puntos ijual,pero xa queda unha jornada menos. Bo partido o que fixemos onte, pero si non o vexo non o creo!!!, marcamos o 1-0 no minuto 82 e xa nos viamos ca victoria na man, pois fallamos un montón de ocasións pero finalmente consejimos un joliño e o Melilla nainda non pasara do medio do...

O Mar na Escola

Xa dou comezo o programa "O Mar na Escola"   Estes xóvenes camariñáns sen dúbida terán un gran futuro nos deportes náuticos   Este programa organizado polo Concello de Camariñas, o Club Náutico de Camariñas e outras entidades privadas tenta acercar os deportes náuticos a todos os rapaces do Colexio Público de Camariñas. Este ano, por vez primeira, están engadidos tamén os rapaces de 1º de E.S.O. do Instituto camariñán "Pedra da Aguia". Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha pequena galería fotográfica. ...