O Jremio KickBoxing Club volve a competir

O Jremio volve para repartir trompadas e patadas Simón e Mario na Praza de España de Salamanca durante os campionatos nacionais de 2006 Despois dun ano sabático, o Jremio Kickboxing Club da Ponte do Porto volve aos rings. E volve para pegar duro. A asociación deportiva fundada na Ponte hai xa uns cantos anos polos amigos e afeccionados ao kickboxing Mario e Simón, e que funcionaba como club federado dende hai 4 anos, despois dun ano de merecido descanso no que os seus directores se repalntexaron obxectivos volve a competir nos campeonatos organizados pola Federación Española de Kickboxing. Pulsa na foto...

Sergio Pasantes Campana participa na prova "101 km en 24 horas"

O noso usuario Sergio participa nunha prova atlética para SuperHomes Sergio o día máis grande para un militar: O Día da Xura da Bandeira española Sergio Pasantes Campaña é un xoven camariñán que hai xa uns cuantos anos decidío alistarse como soldado profesional no Exercito Español. Calatayud, Lanzarote, Ceuta, Astorga, e agora Pontevedra foron os destinos nos que sucesivamente foi servindo á nosa Patria. Pero ademáis para todos aqueles que o coñecen, Sesiño é un enamorado do deporte e nunca falla os fins de semana para xogar como mediocentro do Camariñas F.C., como xa anteriormente xogara no Camariñas Xuvenil...

Cartagena 3 - 3 Merida

Juanillo, outra vez será O soño de ascenso terá que esperar unha temporada máis despois do empate desta xornada  O ídolo deportivo de camarinas.eu, Juanillo, cumprío co seu compromiso semanal e mandounos a pesar dos malos momentos que estamos a vivir un artigo no que posiblemente camarinas.eu se despide de forma definitiva do soño da liguilla de ascenso a segunda división este ano. O desexo desta redacción sería estar o ano que ven xunto a Juanillo contando partido tras partido como o Cartagena ascende dunha merecida vez. Quen sabe o que pasará... Pulsa na foto para ler o artigo de Juanillo. ...

Sergio Martinez: Un campeón de karts de Santa Marina

Santa Mariña ten o seu propio Fernando Alonso Sergio Martínez, primeiro pola esquerda festexa no podio o seu triunfo inapelable Xa podemos tirar con Fernando Alonso ao mar. E concretamente contra as pedras de Santa Mariña agora que alí aparecío o seu sustituto natural que como o gran piloto asturiano debuta e triunfa no mundo dos karts. Bromas aparte, o rapaz Sergio Martínez, con pai de Santa Mariña e nai de Santa Comba, é todo un neno prodixio no mundo dos karts tal e como o proban as súas victorias continuadas ao frente do equipo Hobbykart-Cubicaje no Campeonato de Galicia...

Nerea Lopez Lijo, subcampeona provincial de badminton

Camariñas, unha canteira de campeóns Nerea no momento de recibir a medalla de plata nas instalacións do Club de Mar Non deixa de sorprendernos a cantidade de deportistas de élite que están xurdindo nestes últimos anos no Concello de Camariñas gracias ao traballo dos grandes profesionais da área de deportes do Concello, os cales se esforzan en facer dos nosos pequenos uns auténticos campeóns. Neste caso é unha xoven rapaza chamada Nerea a que ven de facer unha auténtica xesta este fin de semana proclamándose subcampiona provincial no torneo disputado na Coruña. A competición tivo lugar nas...