- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 02 Setembro 2007 02 Setembro 2007
Paso atrás nas aspiracions de crear un Camariñas grande

A crónica do partido de camarinas.eu
Un Baio superior pasa por enriba dun Camariñas desnortado nos comezos da segunda metade. Físicamente afundido no tramo final do partido. Bastaron os dous primeiros minutos da segunda metade para sembrar serias dúbidas sobre o futuro do Camariñas nesta temporada. En dúas xogadas a balón parado un Camariñas que psicolóxicamente aínda estaba no vestuario, deixouse perder o partido frente a un Baio todo oficio. Física e tácticamente moi superior.

Sesiño recibindo unha tarxeta amarela
O partido non comenzou mal para un Camariñas que xogou de ti a ti ao Baio mentras as forzas físicas aguantaban. Así é de subliñar unha ocasión de Brais Casal tivo a finais da primeira metade nun balón cruzado que saíu lambendo o pau dereito. Ahí acabou o Camariñas.
No primeiro minuto, cunha alarmante falta de concentración de algúns xogadores da defensa un remate a pracer dun dianteiro do Baio subía o 1 a 0 para o Baio ao marcador. Ao minuto seguinte, sen repoñerse aínda do mazazo chegou o segundo gol: saque de falta, boa parada de Marcos de Chano, o balón queda morto na area pequena, a defensa queda mirando o balón, e o máis listo da clase (o dianteiro do Baio) anota libre de marca. Quedaba o partido sentenciado.
Despois chegaron os cambios que non aportaron nada. Tan só unhas xogadas esporádicas de Pedro "Buxa" e outra de Brais, que so diante do porteiro tirou o balón fora, foi o único que fixo o Camariñas para intentar nivelar o marcador.
- O oficio dun Baio que se limitou a esperar os erros do rival
- A súa superior forma física
- A falta de concentración de algúns dos xogadores do Camariñas.
Valerio:
A nova fichaxe do F.C. Camariñas para esta temporada, o central coruñés Valerio, cuaxou un gran partido en liñas xerais ata que caeu lesionado no minuto 18 da segunda parte. Serio, contundente, ben posicionado no centro da defensa, este xogador coruñés "está chamado a ser o motor" do Camariñas este ano. A partir da próxima semana o mellor xogador a xuizo da redacción de deportes de camarinas.eu comentará brevemente ante as nosas cámaras as súas impresións sobre o partido.
Campo municipal de Zas: Media entrada. Seis da tarde.
Estado do céspede: Sintético
Climatoloxía: Nubes e claros con forte vento do nordeste.
- Marcos de Chano
- Nico de Ventomar, Valerio (Mejuto, min. 63), Yago Sestayo, Darío de Braño
- Sesiño (Martelo, min.55), Tono Moriño, Álex de Coruña, Brais Snack, Brais Casal
- Pedro Buxa
-
Comentarios
Si e verdade que salimos moi despistados na segunda parte, pero eu opino que ca mitad ocasions que tubemos durante todo partino outro dia calquera marcariamos 3 ou 4 goles.Paciencia , pois se está traballar moito e os resultados chegaran.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.