- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 01 Decembro 2008 01 Decembro 2008
As Baleas FS: a auténtica Escola de Fútbol de Camariñas

Visentiño O Quisquel rodeado dalgúns dos seus mellores pupilos
Este sábado á mañán xogábase no Pavillón Municipal de Camariñas un partido que enfrentaba ao equipo de futbito As Baleas F.S. contra o Fisterra e que gañou os camariñáns por 16 a 4. As escadras que dirixen e miman tres leyendas do fútbol da Costa como son Gerpe, Visentiño "o Quisquel" e Faustino (Faus) fináncianse na súa meirande parte gracias ás aportacións dos socios deste club, ás contribucións dalgún que outro empresario e, sobre todo, gracias ao traballo desinteresado e altruista de tres dos seus máximos responsables: Visentiño, Gerpe e Faus. Pulsa na imaxe para ver unhas fotos da única e auténtica Escola de Futbol de Camariñas, as Baleas Futbol Sala.
As Baleas FS: a escola de fútbol en Camariñas
Este sábado á mañán xogábase no Pavillón Municipal
de Camariñas un partido que enfrentaba ao equipo de futbito As Baleas
F.S. contra o Fisterra e que gañou os camariñáns por 16 a 4. As
escadras que dirixen e miman tres leyendas do fútbol da Costa como son
Gerpe, Visentiño "o Quisquel" e Faustino (Faus) fináncianse na súa meirande parte
gracias ás aportacións dos socios deste club, ás contribucións dalgún que outro empresario e, sobre todo, gracias ao traballo desinteresado e altruista de tres
dos seus máximos responsables: Visentiño, Gerpe e Faus.
En particular, os resultados deste ano están sendo espectaculares: na categoría alevín van en segunda posición, na benjamín tamén van de
segundos e na infantil marchan como líderes intratables con todos os partidos ganados por goleadas menos no partido contra o Baíñas no que empataron a seis goles. Proba delo foi o partido deste sábado mañán que os enfrentaba contra outro equipo clásico das competicións do fútbol da Costa, como é o de Fisterra, no que o noso equipo no que xogan vellos coñecidos desta redacción como Carlos González ou o noso usuario Javi Pérez, machacaron sen piedade ao equipo fisterrán por 16 goles a catro, partido da categoría infantil do que vos amosamos esta pequena galería fotográfica. Parece que a gran canteira do fútbol camariñán volve polos seus viejos fueros.
{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.