- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 10 Novembro 2008 10 Novembro 2008
Unha imaxe que fará historia

Pois sí, pensabamos que nunca se iba a dar pero este domingo obrouse a milagre e pasou o que todo bo veciño deste concello esperaba: o irmanamento entre os dous equipos de fútbol máis importantes do noso concello. E é que nadie máis que camarinas.eu podía facelo realidade. Cando saltaron os xogadores ao campo e despois da foto pertinente de cada equipo o noso director pedío expresamente aos xogadores dos dous conxuntos que se sacaran unha foto xuntos e intercambiados como bos amigos e compañeiros que son. Eles non o dudaron e abrazáronse nunha imaxe histórica e reconciliadora que dará a volta a toda a Costa da Morte, aínda que no encontro a rivalidade foi máxima. Ademáis a directiva do Porteño agasallou a tódolos asistentes ao encontro cunhas copiñas de viño e cuns suculentos pinchiños. Pulsa na foto para ver a crónica deste partido de alta tensión e unha impresionante galería fotográfica.
O Porteño gaña ao F.C. Camariñas na Ponte do Porto
Se o irmanamento dos dous equipos deste concello e punteiros na Liga da Costa quedará como unha imaxe para a historia, o gol que marcou o dianteiro do Porteño Wi a falta de un minuto para o final diante do eterno rival quedará grabada para sempre na memoria dos centos de asistentes a este derby de máxima rivalidade. Non é para menos. Wi entrara no campo a cinco minutos do final cando todo o mundo daba por bo o empate, cando collendo un remate dun compañeiro seu que tirou a porta Wi só tivo que empuxar o balón ata o fondo das mallas do F.C. Camariñas converténdose, desta maneira, no héroe indiscutible do partido con tan só xogar cinco minutiños. O acerto do entrenador do Porteño, o camariñán Pepucho, no cambio di moito da experiencia e sabiduría deste "Perro Viejo do Fútbol da Costa" como dicían cariñosamente algúns futboleros e amigos de Pepucho que comentaban o partido hoxe no Bar Arnela. Pepucho segue a acrecentar o seu mito nesta esquina do Atlántico.
Pero o caso foi que o partido estivo en todo momento moi igualado e os dous equipos gozaban de ocasións e rachas constantes nas que dominaban uns e outros ata que nun balón descolgado que recolleu Pedriño "O Buxa" ao borde da área mandouno dun zapatazo ao largueiro despois de que o porteiro do Porteño tocara o esférico coa punta dos dedos. A verdade é que o noso querido amigo "O Buxa" estivo moi activo e participou en gran cantidade de ocasións de peligro nun campo da Grixa no que xogar un partido debe de ser un suplicio para os futbolistas, como se pode ver nas imaxes da galería.
Outro que demostrou a súa calidade e pillería foi o xogador porteño chamado "O Vello" que demostrou unha vez máis a calidade que sempre tivo nas súas botas e, agora, cunha experiencia impresionante para ler os partidos á perfección. Ademáis, Juan "O Vello" estivo a piques de rematar un par de boas ocasións que non logrou interceptar.
O FC Camariñas de Papi, con moitas caras novas desde o ano pasado tivo as súas ocasións nun partido no que sempre hai que transformar as ocasións claras, cousa que sí fixo o Porteño e levará os tres puntos ao seu casilleiro co que pasará na clasificación da Liga da Costa ao eterno rival, o F.C. Camariñas.
En fin, como remate a esta noticia dicir que foi un pracer asistir a este partido, dar a noraboa aos xogadores do Porteño pola excelente campaña que están a realizar esta tempada e, como non, tamén dar ánimos ao FC Camariñas para afrontar o próximo partido.
Galería fotográfica do partido
{multithumbs}
Comentarios
Do campo nada que desir,solo que non se mide ca misma vara dentro dun concello,pero o menos intentar aparentar que se mira por os outros pobos
de camariñas que lle falta muito especialmente as gradas
UN SAÚDO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.