- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 07 Outubro 2008 07 Outubro 2008
Unha perda momentánea de coñecemento

Ata en Puertollano Juanillo (e camarinas.eu) conta cuns seguidores fieles que nunca fallan
"A momentary lapse of reason" era o nome do disco co que os xeniais Pink Floyd volvían aos escenarios en 1987. E unha perda momentánea de coñecemento fui o que experimentou o Cartagena de Juanillo, o redactor de deportes de camarinas.eu, que ven de colleitar un empate e unha derrota na semana que remata. Un Juanillo que por outra parte conta cunha auténtica lexión de seguidores alá por onde pasa, xa que na lonxana e levantina Puertollano uns fans do crack camariñán e lectores semanais de camarinas.eu veñen de retomar o alcume co que esta humilde web o caracterizou un día: "O Mago de Corea".
Unha perda momentánea de coñecemento

O Cartagena celebrando un gol: unha imaxe que estamos seguros veremos de seguido esta temporada
Mal resultado o deste domingo na casa diante do Lanzarote: solo empatamos 1-1, pero é que esto non é un camiño de rosas. Fui un partido mui trabado e mui complicado e aínda por riba na única ocasión que tiran a porta nos 90 minutos métennos un jol e 0-1 en contra. Ademáis, un equipo marrullero e que perdía tempo constantemente. No sejundo tiempo solo caían ó chan e cortábannos o xojo, pero esto é así e todos ahora mismo queren janarlle o Cartagena, un dos jallitos da catejoría. Consejimos empatar no sejundo tiempo e achuchamos muito hasta o final pero non pudemos consejir empatar.
Sejimos primeiros pero ahora compartimos liderato co Real Madrid Castilla. O importante é que aínda non perdemos e estamos ahí arriba peleando. Esta semana viaxamos a Madrid para enfrentarnos ó Navalcarnero, outro campiño pequeno e por riba de herba artifisial tamén, a ver o que pasa, xa volo contarén. Un saludo a todos.
P.D.: por serto Diego, puxéstedesme o nombre de "O Mago de Corea" e uns amijos de Puertollano que son vesiños meus levaron unha pancarta jrande ó campo donde poñían "MAGO FOREVER", porque entran na nosa página siempre e viron a entrevista. Un saludo.
Navalcarnero vs Cartagena
Acabóusenos a imbatibilidad. Este domingo en Navalcarnero (Madrid) perdemos 1-0 diante dun equipo que para o meu entender vai baixar de catejoría. Fixemos un partido espantoso, malísimo, días nos que sabes que non che sale nada e que xa corres por inersia. Tamén teño que desir e sin que sirva de excusa, que o jol que nos meten é de penalty inxusto, non foi penalty. O árbitro era da Coruña e cando nolo pita achéjome a él e díjolle: "a verdad é que os jallejos siempre temos que dar a nota", ensejida puxo a man no bolsillo e tarjeta amarilla (por aljún lado tiña que salir a sangre de meu pai, jejej).
Era un partido para acabar 0-0, pero o fútbol é así. Esperemos que a partir do domingo cambie a racha porque levamos dous empates e unha derrota e ten que cambiar a historia para sejir ahí arriba. Dentro dos malos resultados que levamos últimamente, o bo é que estamos a 1 puntiño do líder actual, o Real Madrid B. Espero contarvos resultados mellores este fin de semana. Un saludo a todos e jrasias polos mensajes que deixades todos nos comentarios dos partidos, jrasias de verdade.
P.D.: encantoume leer a notisia de Manuel: muitos ánimos a toda a familia e a continuar por este camiño que empesou que a meta lojo cheja. ¡¡¡¡ANIMO!!!!


Ata en Puertollano Juanillo (e camarinas.eu) conta cuns seguidores fieles que nunca fallan
Comentarios
**********SALUD OS**********
una saludo
Unha aperta chaval e a janarlle o Pájaras Playa.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.