4.5272727272727 1 1 1 1 1 Rating 4.53 (55 Votes)

Os Veteranos do Porteño estrénanse cunha victoria

O minuto de silencio en honor a Don Cándido rematou cunha gran ovación por parte dos presentes
O minuto de silencio en honor a Don Cándido rematou cunha gran ovación por parte dos presentes

Era un día moi especial no campo da Grixa da Ponte do Porto xa que se estrenaba o F.C. Veteranos do Porteño, un novo equipo amateur que ven a engrosar a xa larga lista de clubs deportivos do Concello de Camariñas. O rival no seu debut non podía ser outro equipo que os seus irmáns menores do Porteño F.C. nun domingo 17 de agosto no que a actual directiva do Porteño aproveitou a  ocasión para recordar cunha sinceira homenaxe ao que fora durante tantos anos gran Presidente do F.C. Porteño, Don Cándido, veciño de Braño falecido recentemente. Pulsa na foto para ver a reportaxe completa e unha amplia galería de fotos entre os dous equipos da Ponte do Porto.

Os veteranos gañan por penaltys aos seus irmáns menores

Temos que decir que foi un acto moi emotivo e camarinas.eu non podía faltar no recordo da memoria de Don Cándido. De feito fui o único medio de comunicación que estaba no campo. Será que a outros impórtanlle máis os concellos limítrofes donde se disputan partidos cheos de caras coñecidas e poderosas para facer as súas crónicas ou é que nin coñecían a Don Cándido ou nen sequera teñen relación con ningún veciño do noso querido pobo irmán da Ponte. A camarinas.eu non lle interesa estar entre os peixes gordos, como si estivera alí o todopoderoso e novo Rei da 3ª Edade Anxo Quintana (o novo Fraga), porque nos queremos estar co noso pobo, ca xente humilde, nun campo destartalado cos nosos amigos de toda a vida donde se celebrou unha merecida homenaxe a un home que non sairá nos medios de comunicación pero sempre estará no noso corazón: Don Cándido.

A homenaxe celebrouse antes do partido. Os xogadores de ámbolos dous conxuntos rodearon aos familiares de Don Cándido que foron agasallados cunha foto e unha placa conmemorativa que fixo brotar as bágoas nos rostros dos emocionados familiares de Don Cándido. Despois fíxose o saque de honor que correu a cargo dunha familiar do Gran Presidente do Porteño xa falecido e de seguido comezou o encontro.

Centrándonos no partido, os Veteranos do Porteño presentaron un equipo bastante competitivo no que vimos a grata reaparición no mundo do balón de un mítico do fútbol da costa como Gerpe, máis coñecido polos seus amigos como o "Guardiola da Costa da Morte" ao cal puidemos ver nunha gran forma física e co talento descomunal que sempre caracterizou a un dos mellores xogadores nacidos na Vila dos Encaixes. Outro dos míticos que poidemos ver reaparecido nos Veteranos Porteños foi Víctor "do Gransolo" que parecía como se os anos non pasaran por él e puxo orden e respeto na zaga veterana.

No equipo de Pepucho (camariñán e novo adestrador do F.C. Porteño) poidemos ver as novas incorporacións que este trouxo para o Porteño coma Yago Sestayo, outro camariñán que proba fortuna no Porteño, ou Tono do Atlántico, que volve a tocar balón despois do seu periplo como adestrador do F.C. Camariñas. Ademáis de moitas caras coñecidas como Manuel do Gransolo, Alberto Ogando (o que fora gran xogador do C.B. Camariñas e da Selección Galega junior de balonmán) ou Alberto "de Buría", o bravo central camariñán que xa leva uns anos no Porteño, entre outros.

O partido comezou cunha notable superioridade do F.C. Porteño que tiña atrincheirado aos Veteranos da Ponte e neste momento chegou, alá polo minuto 25 o gol de Tono do Atlántico para o F.C. Porteño cun tiro desde o borde da área que o porteiro veterano non poido atallar. Despois empataron os veteranos e así se chegou aos penaltys que gañaron os máis vellos por 5 - 4. En fin, unha boa noticia para a promoción do deporte no noso concello e en especial na Ponte do Porto. Esperemos que pronto se faga un arregliño ben merecido neste campo mítico. Enhoraboa aos veteranos e a súa directiva pola victoria nun día tan importante como o da homenaxe a Señor Cándido e tamén desexarlle sorte ao F.C. Porteño nesta próxima temporada. Aquí estará camarinas.eu con vos.

 

Comentarios   

mantida
0 # mantida 19/08/2008 11:20
Desir de señor candido que foi siempre muy boo home, meresia ese homenaxe.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.