- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- CategorÃa: Deportes Deportes
- Created: 10 Xullo 2008 10 Xullo 2008
Camarinas.eu volve a dar unha noticia dos éxitos deportivos dun camariñán e faino cun fixo na sección de deportes: Fabián Canosa, xogador do Club Balonmán Camariñas. Xa en outubro de 2007 publicábamos a noticia do seu debut coa Selección Galega Junior nun partido contra o combinado portugués que tivo lugar en Cangas como prolegómeno dun enfrontamento entre as seleccións absolutas de ámbolos paises. Agora foi en LalÃn onde participou como capitán da Selección Galega no torneo Eixo Atlántico Junior e do que Galicia saÃo campeona.
O citado torneo comenzou este venres 27 de xuño na capital da comarca do Deza, LalÃn, antigo feudo inexpugnable da familia CuÃña, e desarrollouse ao longo de todo o fin de semana rematando o domingo 29 de xuño. Oito equipos procedentes de Galicia, Asturias e Portugal enfrontáronse nuns vibrantes enfrontamentos de liguilla ata que chegaron a final a Selección Galega Junior e o equipo portugués de Porto. A parte de estes dous combinados tamén participaron a Selección de Asturias, os equipos portugueses do Viana e o Gaia, e tamén participaron o Lamego, o LalÃn e o Coruña. O torneo estaba organizado pola Fundación Deporte en LalÃn co patrocinio do Eixo Atlántico e a colaboración da Federación Galega de Balonmán.
Compre sinalar que, salvo o xogador Iván Amarelle do Xiria de Carballo, o noso Fabián era o único representante das RÃas Altas no combinado galego, o cal terminou a primeira fase como lÃder imbatible do grupo A tras encadenar tres victorias consecutivas, o que levou ao combinado galego a disputar a semifinal coa Selección de Asturias, na que tras un partido moi intenso e disputado que acabou con empate a 21, a nosa selección impúxose na tanda de penaltys por 7 a 6. Na outra semifinal o equipo portugués do Porto gañou ao equipo anfitrión de LalÃn por 19 a 20. Asà chegouse á final entre Porto e Galicia Junior, na que tras chegar a ir perdendo por 18 -28, nunha remontada épica o combinado galego acabou vencendo por 32-30 e polo tanto facendo que o noso veciño Fabián trouxera para camariñas alo menos un cacho desa copa tan duramente gañado pola nosa Selección Galega.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.