- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 29 Mai 2008 29 Mai 2008
O Jremio volve para repartir trompadas e patadas

Despois dun ano sabático, o Jremio Kickboxing Club da Ponte do Porto volve aos rings. E volve para pegar duro. A asociación deportiva fundada na Ponte hai xa uns cantos anos polos amigos e afeccionados ao kickboxing Mario e Simón, e que funcionaba como club federado dende hai 4 anos, despois dun ano de merecido descanso no que os seus directores se repalntexaron obxectivos volve a competir nos campeonatos organizados pola Federación Española de Kickboxing.
Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería fotográfica do Jremio.
O Jremio volve para repartir trompadas e patadas

Hai que recordar que o Jremio nos seus bos tempos chegou a ter apuntados ata trinta alumnos que viñan dende todas as partes da Costa da Morte (Fisterra, Carnota, Camariñas, Laxe, etc..) constituíndo elo un gran esforzo para os fundadores do club xa que as clases eran impartidas de forma totalmente gratuita. E si viñan era por que no Jremio ensinaban ben, delo da fe o quinto posto acadado nos campionatos de España celebrados en Salamanca no ano 2006 formando parte da Selección Galega un competidor e un entrenador provintes do Jremio.
Así mesmo entre Mario e Simón, os dous porteños que fixeron posible esta milagre deportiva xuntan entre eles tres campionatos de Galicia, dous segundos postos e un terceiro. Esta prometedora traxectoria no duro e esforzado deporte do KickBoxing que combina como ben di o seu nome as artes marciais co boxeo, veuse interrumpida drasticamente durante o pasado ano no que os fundadores e xestores do Jremio decidiron reprantexar obxectivos á vista das poucas axudas acadadas, vitais para a subsistencia desta humilde pero entusiasta sociedade deportiva. Agora volve, e ofréce a todo aquel que queira practicar este deporte ás súas instalacións e sabiduría. Se queres empezar a practicar o KickBoxing de forma totalmente gratuita non tes máis que mandar unha mensaxe ao novo correo electrónico que camarinas.eu cedeu a esta asociación: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Anímate e apúntate porque os redactores de camarinas.eu xa están apuntados xa que boa falta nos vai a facer.
Comentarios
POIS ESTÁ MOI BEN,A VER SI NO PRÓXIMO CAMPEONATO QUEDADES DE PRIMEIROSSSSSSSSS.
ÁNIMO E UN SAÚDO MARIO E SIMÓN.
Estoy convendido de que todo el ayuntamiento de Camariñas esta orgulloso de vosotros.Un saludo
SAUDOS,MATENLAS .
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.