- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 17 Mai 2008 17 Mai 2008
O noso usuario Sergio participa nunha prova atlética para SuperHomes

Sergio Pasantes Campaña é un xoven camariñán que hai xa uns cuantos anos decidío alistarse como soldado profesional no Exercito Español. Calatayud, Lanzarote, Ceuta, Astorga, e agora Pontevedra foron os destinos nos que sucesivamente foi servindo á nosa Patria. Pero ademáis para todos aqueles que o coñecen, Sesiño é un enamorado do deporte e nunca falla os fins de semana para xogar como mediocentro do Camariñas F.C., como xa anteriormente xogara no Camariñas Xuvenil ou no Porteño. Pero a súa paixón polo deporte levouno este 10 de maio pasado a participar en Ronda (Málaga) nunha prova pensada para auténticos homes de ferro: Os 101 Kilómetros en 24 horas, onde participou como membro da delegación enviada pola Brigada Lixeira Aerotransportada (BRILAT), con base en Figueirido, Pontevedra. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos.
Un gran resultado: posto 192 entre 2500 participantes
Este fin de semana pasado, celebrábase en Ronda (Málaga) a 12ª edición dos "101 km en 24 Horas", unha prova de esforzo e resistencia que foi como tódolos anos organizada polo 4º Tercio, Alejandro Farnesio, da Legión Española, a pesares de que a maior parte dos lexionarios españois estén actualmente en misións de mantemento da paz en Afganistán e no Líbano. A prova ten un único itinerario para todas as categorías e modalidades existentes, existindo as seguintes categorías: Infantil de 4 a 12 anos, senior de 18 a 34 anos, veteranos de 35 en adiante e a categoría de Militar Absoluta.
Precisamente foi nesta última onde participou o noso usuario Sesiño facendo os 101 km de percorrido en 13 horas e 21 minutos. A súa prova comenzou o sábado ás 11 da mañá e polo tanto cruzou a liña de meta ás 00:21 horas do domingo. Hai que ter en conta que fixo todo o traxecto dun tirón, aproveitando para andar polas costas arriba da Serranía de Ronda e correndo nas baixadas, deténdose únicamente para beber e comer algo nos diversos puntos de avituallamento establecidos ao longo do traxecto. Na súa categoría houbo 2.500 participantes, dos cales 700 eran militares e 1.800 civiles.
Os que coñecemos a Sergio sabemos que a pesares de estar un pouco delgado está fuerte como un toro, por iso obtivo o posto 41 entre os militares e o 192 entre o total de participantes, obtendo polo tanto un resultado moi meritorio. Para rematar, esta redacción dalle a noraboa a Sergio, Sesiño para os seus veciños do auténtico e olvidado barrio camariñán da Plaza, polos excelentes resultados e anímao a seguir participando neste tipo de provas e demostrando a valía e fortaleza física dos camariñáns alá por donde vaian, sobre todo os da Plaza de Camariñas.

Comentarios
POIS NADA MÁIS SERGIO,CUIDATE MOITO E NON CAMBIES,ERES MOI BOA PERSOA.
Alegrome que sempre axa unha excepción.
Moitas felicidades,e un orgullo poder compartir estas verbas con persoas asi.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.