- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 29 Abril 2008 29 Abril 2008
Santa Mariña ten o seu propio Fernando Alonso

Xa podemos tirar con Fernando Alonso ao mar. E concretamente contra as pedras de Santa Mariña agora que alí aparecío o seu sustituto natural que como o gran piloto asturiano debuta e triunfa no mundo dos karts. Bromas aparte, o rapaz Sergio Martínez, con pai de Santa Mariña e nai de Santa Comba, é todo un neno prodixio no mundo dos karts tal e como o proban as súas victorias continuadas ao frente do equipo Hobbykart-Cubicaje no Campeonato de Galicia de Karting. Pulsa na foto para ler a traxectoria deste neno prodixio de Santa Mariña e ver as fotos do seu triunfo inapelable no circuito de A Magdalena de Soutelo de Montes.
Santa Mariña ten o seu propio Fernando Alonso

O xoven rapaz de Santa Mariña Sergio Martínez, piloto do equipo Hobbykart-Cubicaje arrancaba este ano no Campeonato de Galicia de karts con grandes expectativas, e non tardou en demostralas xa na primeira carreira do mesmo que tivo lugar en A Pastoriza, na que a pesar de saír na primeira manga da carreira de número doce (é decir, de último) por problemas nos entrenamentos, debido á súa maxistral maneira de pilotar foi adiantando volta a volta a tódolos rivais para nun final de infarto por escasas décimas acabar a carreira en segunda posición. O propio Sergio, según recolle a web www.kartingmotor.com, comentaba bromeando que "Creo que vou a prescindir dos entrenamentos cronometrados, pois as miñas mellores carreiras son sempre
cando salo dnsde o final. Xa aquí no ano 2006 fixen unha remontada
espectacular adiantando a todos os cadetes e alevíns nunha manga para
proclamarme sub-campeón cadete dese ano".





Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.